Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (23/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de proceso de familia número 23/1996, seguidos por instancia de Carmen Porto Pais, que litiga co beneficio de xustiza gratuíta, contra Leopoldo Hernández Parente, se dictou con data 9 de maio de 1996, sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de proceso de familia, seguidos neste xulgado co número 23 de 1996, entre partes, dunha, como demandante, Carmen Porto Pais, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na parroquia de Laraño-A Igrexa, representada en autos polo procurador Merelles Pérez, asistida do letrado Lorenzo Sueiro, e doutra, como demandado, Leopoldo Hernández Parente, maior de idade, con domicilio descoñecido, sobre divorcio.

Decido que, desestimando a demanda formulada polo procurador Merelles Pérez, en nome e representación de Carmen Porto Pais, contra Leopoldo Hernández Parente, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro non haber lugar a disolución do matrimonio por causa de divorcio dos mencionados cónxuxes. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde Leopoldo Hernández Parente, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela, o nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3985