Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (79/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de pobreza 79/1995, notifícaselle ó demandado a sentencia dictada nestes, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo pobreza 79/1995, promovidos por Ana Mª Figueira Triñanes, como demandante, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, contra Juan José Suárez Calvo e letrado do Estado, como demandado.

Decido: que debo recoñecerlle e recoñézolle o dereito a litigar gratuitamente a Ana Mª Figueira Triñanes, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio 80/1995 e tódalas súas incidencias, isto sen prexuízo do disposto no artigo 48 da L.A. civil. Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no acto da súa notificación ou dentro dos tres días seguintes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Juan José Suárez Calvo, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino en Ribeira o vinte de maio de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3889