Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

CÉDULA de emprazamento (83/1996).

En virtude do acordado en autos de xuízo declarativo de menor contía, tramitados ante este xulgado número dous de Lalín, por instancia de Manuel Caramés Carreira, maior de idade., veciño de Agolada, representado pola procuradora Blanco Mosquera, contra Manuel Caramés Sampayo, Saladina Costa Sobrado, Angel Caramés Lareu, María Vázquez, José Varela, Pedro Corral Souto, Luis Vázquez Quintela, José Iglesias Mejuto, Magín Carballal Val, Antonio Ayude Vázquez, Plácido Sánchez Rodríguez, cura párroco de San Miguel de Brocos, Ramón Orza Orza, Jesús Iglesias Mejuto, Daniel Coral Mato, Aurora Ayude Caramés, Alfredo Souto Costa, Angel Iglesias Mejuto, María fernández Dacosta, Jesús Quinteira Sueiro, todos eles veciños de Brocos-Agolada, Eduardo Mouriño López, de Arnego-Cruces, Manuel Asorey Gil, veciño de Sexto-Cruces, Jorge Rey Mouriño, veciño de Arnego-Cruces, a entidade Unión Eléctrica Fenosa, e calquera persoa descoñecida e incerta que poida ter interese no aproveitamento da auga da aldea

de Brocos-Agolada, emprázanse estas últimas co fin de que, no prazo de dez días, comparezan en autos baixo apercibimento de que, de non o faceren, serán declaradas en rebeldía e continuará o xuízo o seu curso.

E para que conste e lles sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas , e publicar no DOG, expido e asino a presente cédula en Lalín, o vintedous de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4035