Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 16 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias LU-60/1995 e LU-235/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

Lugo, 16 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: LU-60/1995.

Denunciado: Julio Vázquez Mosteriro.

DNI: 34.248.992.

Último enderezo coñecido: rúa Catasós, Lalín, Pontevedra.

Feito denunciado: transportar 60 cabezas de gando porcino sen identificar individualmente.

Precepto infrinxido: artigo 7 R.D. 225/1994 e 7 Decreto 355/1994.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 10.000

-Expediente: LU-235/1995.

Denunciado: Nilo Sánchez López.

DNI: 34.252.679.

Último enderezo coñecido: Seteventos, Morgade, O Saviñao.

Feito denunciado: transportar 2 cabezas de gando equino sen autorización oficial de traslado e relación ou pasaporte e relación ou pasaporte dos animais.

Precepto infrinxido: artigo 1 e 7 do Decreto 355/1994.

Precepto sancionador: artigo 212 e 224 do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 15.000

9604599