Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-147/1995 e LU-EC-70/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

-Exp. LU-147/1995 na conta nº 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal.

-Exp. LU-EC-70/95 na conta nº 311-152-115/8, Caixa Galicia, oficina principal.

Lugo, 29 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: LU-147/1995.

Denunciado: Lubricantes Pizarro, S.A.

Último enderezo coñecido: r/ Extremadura, 13, Madrid.

Feito denunciado: transporte de animais no vehículo matrícula M-7229-GU, sen te-lo rexistrado para tal fin.

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 25.000.

-Expediente: LU-EC-70/1995.

Denunciada: Genoveva Penabad Calvo.

Último enderezo coñecido: Carballo-Galdo, Viveiro.

DNI: 76.543.697.

Feito denunciado: non dispoñe-lo seu gando para a realización das probas correspondentes de saneamento gandeiro de 1995.

Precepto infrinxido: artigo 113 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 100.000.

4598