Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 31 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 169/1996, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 31 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-169/1996.

Denunciado: Manuel Couso Carea.

DNI nº: 76.502.366.

Último enderezo coñecido: S. Román, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciado: transporte de aniamis no camión matrícula C-7534-BL, sen telo rexistrado para tal fin.

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do Regulamento de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

4828