Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación da contratación dunha asistencia para a elaboración do modelo básico do plan de servicios sociais de atención primaria.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 30 de maio de 1996, adoptada en virtude de delegación do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (conferida mediante Orde do 22 de maio de 1996), foille adxudicado o contrato á empresa Bossard Consultants, S.A. por un importe de 5.701.400 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

9605000