Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación dunha consultoría e asistencia para a redacción do proxecto de reforma da Residencia da Terceira Idade As Gándaras.

1. Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución das obras de reforma da Residencia da Terceira Idade As Gándaras, de Lugo.

2. Orzamento: 2.584.109 ptas.

3. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán solicitarse do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, rúa Montevideo nº 9, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados; tamén poderán examinarse no servicio de Administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

4. Fianza provisional: non se esixe.

5. Fianza definitiva: non se esixe.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

8. Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de ofertas. Se coincidise en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

10. O pagamento dos anuncios desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 18 de xuño de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

9604555