Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 10 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias EC-48/1995 e dous máis, devoltas polo servicio de correos por ser rexeitadas polos destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-115/8-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

Lugo, 10 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO-Expediente: EC-48/95.

Denunciado: Antonio Blanco Varela.

DNI: 33.587.595.

Último enderezo coñecido: Carteire, Palas de Rei.

Feito denunciado: non realiza-la campaña de saneamento gandeiro de 1995.

Precepto infrinxido: artigo 113 Regulamento epizootias.

Precepto sancionador: artigo 209.3º Regulamento epizootias.

Sanción imposta: 100.000.

-Expediente: QI-57/95.

Denunciado: Luis Besteiro Rouco.

DNI: 76.545.280

Último enderezo coñecido: Carballal, Palas de Rei.

Feito denunciado: quebranto da inmobilización da explotación.

Precepto infrinxido: artigo 117 Regulamento epizootias.

Precepto sancionador: artigo 209.4º Regulamento epizootias.

Sanción imposta: 100.000.

-Expediente: EC-58/95.

Denunciado: David Souto Santiso.

DNI: 34.225.774.

Último enderezo coñecido: Feás, 2, Alvidrón, P. Rei.

Feito denunciado: non realiza-la campaña de saneamento gandeiro de 1995.

Precepto infrinxido: artigo 113 Regulamento epizootias.

Precepto sancionador: artigo 209.3º Regulamento epizootias.

Sanción imposta: 100.000.

4244