Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución, formulada polo instructor, no expediente sancionador de pesca fluvial P-299/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrue por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

Lugo, 27 de maio de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor

Expediente número: P-299/1995.

Denunciado: Marco Antonio Vigo Platas.

Enderezo: Avenida da Coruña, 148-2º, Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte de caza con cana nunha zona onde está prohibido facelo (canle de derivación dunha presa para rega), estando ademais inhabilitado por resolución firma.

Precepto sancionador: 35.15º e 34.6º en relación ó artigo 30.

Sanción: 500.001 pesetas de multa e tres anos de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

4243