Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Hidroener, S.A., denominado P.E.E. Hidroener (número expediente IN660A 95/10-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Hidroener, S.A., con domicilio social na rúa Ribadeo, 2-entreplanta, 27002 Lugo, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Hidroner, no que se recolle o programa de actuacións que vai desenvolver por un período de 10 anos, cun investimento global estimado de 6.900 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG do 6 de setembro de 1995 e no BOE do 9 de setembro de 1995,

presentándose solicitudes en competencia por Endesa-Made, Gamesa, Energía Eólica de Galicia, S.A. e Parque Eólico de Galicia.

Considerando que, no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada seguíronse os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Constitución tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, baseándose no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Hidroener referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 46 mW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Hidroener S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferente previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Hidroener, S.A. realizará a investigación de 5 áreas, cun investimento total de 50.600.000 pesetas, debendo presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Hidroener, S.A. iniciará a execución do plan industrial en maio de 1996, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento a Administración poderá solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa, poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Hidroener, S.A., poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á publicación dela, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Hidroener, S.A.

NomeMunicipiosVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

MontoutoAbadín, Muras616.5304.812.800
617.9704.813.140
618.6404.809.250
617.1804.809.220
615.4134.813.034
615.9864.813.146

CuruxeiraMuras, Ourol607.4504.819.750
609.7604.819.750
609.7604.817.640
610.7204.817.600

NomeMunicipiosVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

610.7204.815.400
608.2004.815.450
608.2004.818.700
607.4504.818.700

Monte NedaAbadín, A Pastoriza624.7804.800.640
629.2304.801.500
629.6004.800.000
624.9604.799.700

SasdónigasMondoñedo626.4004.809.000
628.0004.809.000
629.5004.807.450
631.0004.807.650
631.0004.807.250
629.0004.806.000
627.3504.806.450
627.8504.804.400
626.4004.808.800

CarracedoA Pastoriza636.3004.804.050
636.5504.803.190
637.1904.802.630
635.4604.802.890

ANEXO II

DOCUMENTO DE SÍNTESE

-Plan eólico estratexico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 6.900 millóns de ptas. As actividades obxecto deste plan iniciaranse no prazo máximo de tres meses.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Hidroener, S.A. realizará a investigación de 5 áreas facendo un investimento total de 50.600.000 ptas., acadando un investimento medio de 10.120.000 ptas./ano área.

Hidroener S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, debendo non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación.

-Plan industrial.

A empresa Hidroener, S.A. desenvolverá, na parte que lle corresponda, a execución do plan industrial que teña/n aprobado o/os tecnólogo/s seleccionado/s. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o do/os tecnólogo/s que seleccione/n.

4245