Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-35/1996 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artículo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o denunciado cos datos persoais e derradeiro enderezo coñecido que se sinala a continuación, a iniciación do correspondiente expediente sancionador por infracción a Lei de caza de 4 de abril de 1970 e ó Regulamento para a súa execución de 25 de marzo de 1971 (BOE de 30-3-1995).

Nomease instructor do procedemento a José Angel Madarro Río e secretaria a Mª. Consuelo Núñez Castro, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

El denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partires do seguinte o da publicación desta resolución para que poida examinar o expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda de la Muralla, 197, e presentar as alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: C-35/1996.

Denunciado: José Manuel, Rúa Calviño.

DNI: 10824620.

Último enderezo coñecido: c/ Brasil 16-8 D, Gijón-Asturias.

Feitos imputados: estar en posesión de dez cartuchos de bala realizando unha batida ó raposo (caza menor), incumprindo a Orde de 9-10-1995 (DOG de 18-10-1995).

Preceptos infrinxidos: 48.2.14 do Regulamento da Lei de caza.

Calificación infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas de multa.

Lugo, 16 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

4346