Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-375/1995, P-10/1996 e P-29/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se menciona, a incoación de expediente

sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial en Galicia.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, ós efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquer momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publciación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou aprota-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 20 de maio de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO:

-Expediente: 375/1995.

Denunciado: Edelmiro Villaverde Villaverde.

Último enderezo coñecido: Andón-Acibeiro-Forcarei.

Feito denunciado: corta-la vexetación de ribeira sen autorización, 12 carballos, 36 bidueiros o día 6-10-1995, no lugar de Foxo Vello no ría Tabiladelo, Forcarei.

Precepto infrinxido: artigo 34.22º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas., Ind. 102.254 ptas. e Inh para obte-la Lic. de pesca 1 ano.

-Expediente: P-10/1996.

Denunciado: Gonzalo Alonso Álvarez.

Último enderezo coñecido: Rúa Vila, 11, Arbo.

Feito denunciado: percar en época de veda, ó día 13-1-1996, na ponte romana de San Xoán, Arbo, no río Deva.

Precepto infrinxido: artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas., Inh. para obte-la Lic. de pesca 1 ano.

-Expediente: 29/1996.

Denunciado: Luis Carlos, Rodríguez Baltar.

Último enderezo coñecido: Cantillo, 9-Pontevedra.

Feito denunciado: non te-las redes instaladas na pesqueira nº 6 franqueable para que puidera ser

insepccionado polos axentes, ó día 6-2-1996, no río Ulla, lugar canal de Herbón, Padrón.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.000 ptas.

4347