Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-216/1995, P-242/1995 e P-312/1995 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial en Galicia.

Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na c/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de maio de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: P-216/1995.

Denunciado: Jesús Leboran Martínez.

Último enderezo coñecido: Labacolla-Sampaio-Santiago de Compostela.

Feito denunciado: pescar sen licencia, o día 13-5-1995, no lugar de S. Pedro de Riveira, no río Ulla, Touro.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e Inh. para obte-la Lic. de pesca 1 ano.

-Expediente: P-242/1995.

Denunciado: Ángel Luis Piñeiro Bures.

Último enderezo coñecido: Campaña-Valga.

Feito denunciado: pescar sen licencia, o día 20-5-1995, no río Ulla, lugar embarcadoiro de Campaña, Valga.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e Inh. para obte-la Lic. de pesca 1 ano.

-Expediente: P-312/1995.

Denunciado: Vicente M. Serramito González.

Último enderezo coñecido: Quiroga Palacios, 34-3º. Santiago de Compostela.

Feito denunciado: tenza de pesca de tamaño inferior a la permitida (1 esgín de salmón de 17 cm e 1 troita de 14,5 cm), o día 12 de xullo de 1995 no río Deza.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º de la Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 5000 ptas. e indemnización de 11.000 ptas. polos danos ocasionados á riqueza piscícola.

4348