Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos do Sindicato Asociación de Médicos Sustitutos de las Provincias: A Coruña y Pontevedra (Amesu).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Asociación de Médicos Sustitutos de las Provincias: A Coruña y Pontevedra (AMESU) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato tódolos médicos que acrediten a titulación correspondente e xustifiquen a súa condición de substituto.

Asinan a acta de constitución: Mª Concepción Cabo Pérez e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4798