Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do Sindicado Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia).

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados, o día 3 de xuño de 1996 os novos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia na que se acollen as modificacións aprobadas no VI Congreso celebrado na Coruña os días 11, 12 e 13 de abril de 1996, así como a certificación acreditativa dos ditos extremos, espedida polo secretario xeral da devandita central sindical, Xesús Díaz Díaz.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4716