Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se notifica a modificación do prego de prescricións técnicas que se aplica ó concurso público para a adquisición de mobiliario e material de laboratorio para o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño.

No Diario Oficial de Galicia nº 115, do 12 de xuño de 1996, publicouse a Resolución do 22 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a contratación da adquisición de mobiliario e material de laboratorio para o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño.

No referido anuncio constan cinco (5) lotes, contendo o prego de prescricións técnicas as adecuadas especificacións para cada un deles.

Non obstante, advertiuse un erro de transcrición nas prescricións técnicas correspondentes ó lote número catro, que impide a exacta determinación das unidades comprendidas nel.

En consecuencia, co obxecto de que os licitadores poidan formular adecuada e correctamente as súas ofertas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para o xeral coñecemento de cantos licitadores estean interesados no concurso público para a contratación da adquisición de mobiliario e material de laboratorio para o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño, notifica-la modificación do prego de prescricións técnicas do citado concurso.

Segundo.-O novo prego de prescricións técnicas estará á disposición dos interesados no mesmos lugares que se sinalan no punto 6 da Resolución do 22 de maio de 1996 citada.

Terceiro.-Modifica-la data límite de presentación das ofertas indicada no punto 8.a) da Resolución do 22 de maio de 1996, e abrir novamente o prazo de presentación de ofertas, que rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

4796