Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto da subministración consistente na adquisición dun espectrofotómetro de reflectancia no infravermello próximo (NIRS) para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (IAS-308).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición dun espectrofotómetro de reflectancia no infravermello próximo (NIRS) para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (IAS-308), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: once millóns cento oito mil duascentas trinta pesetas (11.108.230 ptas.), (8.900.000 ptas. en metálico e 2.208.230 ptas. en bens taxados).

Fianza provisional: duascentas vintedúas mil cento sesenta e cinco pesetas (222.165 ptas.).

Fianza definitiva: catrocentas corenta e catro mil trescentas vintenove pesetas (444.329 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de claúsulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 30 de xullo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 6 de agosto de 1996.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9604942