Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificacións, disolucións, cancelacións e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a constitución,

modificacións, disolucións, cancelacións e baixa provisional que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Insua de Zalarroia, S.A.T. nº 926 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Zalarroia-Momán-Xermade (Lugo), obxecto social: a prestación de servicios ós socios consistentes na reorganización da propiedade dos seus predios a través da concentración parcelaria de carácter privado; capital social: 167.550 pesetas; nº de socios: 43.

A sociedade agraria de transformación Xesteda, S.A.T. nº 927 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Liñares, 42, Xesteda-Cerceda (A Coruña), obxecto social: venda de leite e xatos; capital social: 23.900.000 ptas.; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Montrican, S.A.T. nº 928 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Cangas-Lalín (Pontevedra), obxecto social: comercialización de leite; capital social: 100.000 ptas.; nº de socios: 4.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Galiplant, S.A.T. nº 870 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 24-11-1995, acorda o aumento do capital social en 4.800.000 ptas. establecendo un definitivo capital social de 8.000.000 de ptas.

2. Modifica-los estatutos no artigo 10 apartado 2, admitindo o voto cualificado, pola contía da participación no capital social, modificando o artigo 10 apartado 4º.4, nomeamento da nova xunta rectora.

A sociedade agraria de transformación Ilma, S.A.T. nº 828 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 8-5-1996 acorda por unanimidade aumenta-lo capital social en 4.800.000 ptas. pasando dun capital social de 1.200.000 ptas. a un definitivo capital social de 6.000.000 de ptas.

A sociedade agraria de transformación Aspoflor, S.A.T. nº 791 XUGA, na asemblea xeral do 15-4-1996 acórdase a renovación da xunta rectora.

A sociedade agraria de transformación Adegas O Ribouzo, S.A.T. nº 925 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 28-3-1996, acorda aproba-lo tratado na orde do día «estudio e aumento do capital social en 4.600.000 ptas.», pasando dun capital social de 400.000 ptas. a un definitivo capital social de 5.000.000 de ptas.

A sociedade agraria de transformación Bodegas Aldea de Abaixo, S.A.T. nº 835 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 4-8-1994 acorda por unanimidade amplia-lo capital social en 4.000.000 de ptas. pasando de 200.000 ptas. a un definitivo capital social de 4.200.000 ptas. 2. Nomeamento da nova xunta rectora. 3. Modificación do artigo 2 do estatuto social da S.A.T.

A sociedade agraria de transformación Madriñán, S.A.T. nº 844 XUGA, na asemblea xeral do 1-4-1996 acordou a renovación da xunta rectora.

A disolución:

-Da sociedade agraria de transformación Proza, S.A.T. nº 834 XUGA na asemblea xeral do 31-12-1994, acorda aproba-la súa disolución.

A cancelación:

-Da sociedade agraria de transformación Proza, S.A.T. nº 834 XUGA na asemblea xeral do 31-1-1995, acorda aproba-la súa cancelación.

-Da sociedade agraria de transformación Redoflor, S.A.T. nº 442 XUGA, na asemblea do 10-3-1996, acorda aproba-la súa cancelación.

Baixa provisional:

-Da sociedade agraria de transformación Ourada, S.A.T. nº 767 XUGA, por acordo do 13-2-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa provisional no Índice de Entidades deste Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9604939