Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (511/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de cognición número 511/1995, notifícaselles ós demandados José Antonio Pereira Sánchez, José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, a sentencia dictada nestes, cun encabezamaento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición, seguidos neste xulgado co número 511 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, a Cooperativa Agrícola de Productores del Campo de Bugallido (Ames), representada en autos polo procurador García-Piccoli, asistido do letrado Lorenzo Vázquez, e doutra, como demandados, José Antonio Pereira Sánchez, José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, veciños que foron de Bertamiráns-Ortoño (Ames), se ben na actualidade se atopan en paradoiro descoñecido, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido: que estimo en parte a demanda formulada polo procurador García-Piccoli, en nome e representación da Cooperativa Agrícola de Productores del Campo de Bugallido (Ames), contra José Antonio Pereira Sánchez, José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno os demandados a que lle satisfagan en forma solidaria á cooperativa demandada a suma de 205.444 pesetas mailos xuros legais desde a interpelación xudicial. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra el cabe recurso de apelación, dentro do prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados José Antonio Pereira Sánchez, José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no BOP, que asino en Santiago de Compostela o vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3715