Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.469

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (536/1995-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 536/1995, que se segue neste xulgado, por instancia de Banco Pastor representado polo procurador Regueiro Muñoz contra M. García Antelo, S.L. e Francisco Santos Villanueva, por medio do presente cítase de remate a M. García Antelo, S.L. con domicilio actual descoñecido para que no termo de nove días compareza nos autos e se opoña á execución se lle conviñer coa prevención que de non facelo no prazo indicado será declarado en rebeldía seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións das que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ingnorarse o seu paradoiro.

E para que sirva de citación de remate a M. García Antelo, S.L. expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

3873