Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (362/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo executivo número 362/1994, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela, o seis de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivos seguidos ante este xulgado co número 362/1994, promovidos por Caixa Postal, S.A., representado polo procurador García Piccoli e dirixido pola letrada María Puñal, contra Jaime Gómez Pérez, con domicilio na Avda. de Lugo número 125-baixo de Santiago, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Jaime Gómez Pérez e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 496.481 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por no ser firme, poderase interpor neste xulgado, e para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

A sentencia inserida arriba foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

3722