Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (13/1996).

Fracisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se segue xuízo executivo co número 13/1996, promovido por For Crédit Europe

PLC, representado polo procurador García-Piccoli, contra Imagen Corporativa, S.L. e Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez e outro, sobre reclamación de cantidade de 612.430 pesetas de principal e máis 300.000 pesetas para xuros e custas; e dado que os demandados se atopan en ignorado paradoiro, por medio da presente cédula son citados estes para que comparezan nos autos no termo improrrogable de nove días en legal forma, mediante letrado e procurador, e se opoñan á execución se lles conviñese, e fago constar que as copias da demanda e os documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición, e apercíboos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía e seguirá o pleito o seu curso, sen volvelos citar nin facerlles outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

Vehículo matrícula C-9644-AZ, propiedade de Imagen Corporativa, S.L.

Os saldos bancarios a favor de Imagen Corporativa e Alicia Beatriz, no Banco Bilbao Vizcaya, Banco Pastor e Caixa Galicia.

E para que así conste e lles sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

4861