Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (80/1994).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 80/1994, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez, contra Jousef Mohamad al Ramahi e Concepción García Cabado, nos que se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 4 de setembro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 42.904.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 4 de outubro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 4 de novem

bro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0080/94, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador os acepta como bastante sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar; e enténdese que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De o pedi-lo licitador, ata o último momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1.-Vivenda da terceira planta ou ático da esquerda da casa número 54 da rúa Forniños do concello

de Santiago de Compostela, da superficie de cincuenta metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 106, libro 136, folio 9, predio número 13.224.

2.-Local da planta baixa, sito na rúa Forniños de Santiago de Compostela, de 130 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela no tomo 1037, libro 47, folio 127, predio número 6.739.

3.-Vivenda da planta primeira sita na rúa Forniños de Santiago de Compostela, dunha superficie de 138 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela no tomo 1037, libro 74, folio 129, predio número 6.740.

4.-Urbana.-Casa sen número, composta de planta baixa e piso alto para vivenda unifamiliar. Co terreo non edificado que a rodea e que lle quedou anexo, forma un só predio no sitio de Zanca de Carraxais, zona de concentración parcelaria de San Miguel dos Agros, no concello de Santiago de Compostela, que ocupa unha superficie de 4.080 metros cadrados, da que lle corresponde á casa a duns 125 metros cdrados. A casa é actualmente o número 40 da rúa dos Vilares desta cidade. Linda: norte, José Rosende Mata; sur, José Corral Camino; leste, Manuela Botana Vilares e Andrés Fernández Botana; oeste, en liña de vintecatro metros, camiño dos Vilares. Inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela no tomo 1.073, libro 115, folio 145, predio número 10.399.

Valoración.

1) 3.000.000

2) 5.070.000

3) 8.280.000

4) 26.554.000

42.904.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4900