Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Rey Varela, S.A., con código de identificación XG-67 e casa central na rúa Clavel, 22 de Carballo (A Coruña).

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes Viajes Rey Varela, S.A.,

sita na r/ Clavel, 22 de Carballo (A Coruña), da que é titular a sociedade Viajes Rey Varela, S.A. e representante legal José Rey Varela.

Resultando que, ó abeiro do establecido no artigo 11 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, notificóuselle á citada sociedade mediante oficio do 5 de febreiro de 1996, a obrigatoriedade de presentar perante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo de 15 días, a documentación a que fai referencia o artigo 12 apartado c) do referido decreto.

Resultando que a titularidade da axencia de viaxes Viajes Rey Varela, S.A. non presentou a documentación requerida, polo que continúa sen cumprir cos requisitos e prescricións contidas no mencionado regulamento.

Considerando que, ó ter transcorrido sobradamente o prazo sinalado pola normativa vixente sen que a citada axencia presentase a documentación requirida, iniciouse de oficio pola Secreraría Xeral para o Turismo con data 5-2-1996, o correspondente expediente de revogación do seu título-licencia, de conformidade co establecido nos artigos 11 e 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o devandito regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se obsevaron tódolos requisitos e formalidades establecidos regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 155/1989, do 2 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Revoga-lo título-licencia da axencia de viaxes Viajes Rey Varela, S.A., con código identificativo XG-67 e casa central en Carballo (A Coruña), na r/ Clavel, 22.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4795