Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.432

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (2/1996).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 2/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na cidade de Santiago de Compostela, o dezanove de abril de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado co número 2/1996, promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, e dirixido polo letrado Rodríguez Gigirey, contra a entidade Iberepox, S.A., José Manuel Ferreiro Devesa, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na estación de Casal-Fraiz e Francisco Javier García Vázquez, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio en San Lázaro número 14, de Santiago de Compostela, declarados en rebeldía.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Iberopox, S.A., José Manuel Ferreiro Devesa e Francisco Javier García Vázquez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 3.579.734 pesetas, importe do principal, e ademais, ó pagamento dos xuros de demora e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía Iberopox, S.A., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o oito de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado