Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (61/1994).

Francisco Castineiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber

Que nos autos de xustiza gratuíta nº 61/1994, a que se fará referencia, recaeu a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, o 27 de marzo de 1996.

Vistos os presentes autos civís de xustiza gratuíta nº 61/1994, pola maxistrada-xuíza deste xulgado, Leonor Castro Calvo, seguidos por instancia de Mª Isabel Sanín Raviña contra José Luis Ameneiro Casas e o letrado da Xunta.

Resolvo que lle debo conceder e concedo a Mª Isabel Sanín Rabiña o dereito á xustiza gratuíta no presente expediente e nos autos civís de divorcio 60/1994, seguidos neste xulgado por instancia do actor neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta sentencia non é firme en dereito, polo que se pode recorrer contra ela perante este xulgado en apelación, no prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma ó demandado José Luis Ameneiro Casas, actualmente en ignorado paradoiro, expido esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado