Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO TOGADO MILITAR TERRITORIAL NÚMERO CORENTA E UN DA CORUÑA

REQUISITORIA (41/15/1995).

O capitán auditor José Alfredo Fernández Pérez titular do Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un da Coruña fai saber que,

Pola presente requisitoria e nas dilixencias preparatorias nº 41/15/1995 instruídas por presunto delicto de abandono de destino cítase e chámase o mariñeiro da Armada Leandro Rubén Rodríguez Winter, fillo de Fernando e Elva nacido en Esquel-Chubut (Arxentina) o 23 de setembro de 1974 DNI 32.838.638 para que no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ó da inserción desta requisitoria neste boletín oficial, compareza ante este Xulgado Togado Militar Territorial nº 41

sito na Coruña praciña de Santo Domingo s/n acuartelamento de Santo Domingo, baixo o apercibimento de ser declarado rebelde.

Ó mesmo tempo, rogo e encargo a tódalas autoridades e forzas de seguridade que tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido inculpado procedan á súa captura e posta ó dispor deste órgano xudicial.

A Coruña,10 de maio de 1996.

Capitán auditor-xuíz togado

Rubricado