Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996, da Delegacion Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Vilas numero 2.688 nos concellos de Gondomar e O Porriño, por parte de José Rodríguez Pumares.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que José Rodríguez Pumares, con domicilio en Atios, Rocha, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 23 de setembro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Vilas de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Gondomar e O Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.688 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º42'00''42º07'40''

Vértice 28º41'40''42º07'40''

Vértice 38º41'40''42º07'20''

Vértice 48º42'00''42º07'20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 5 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra