Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Leguiñas no concello da Estrada, por parte de Roberto Benjamín Carballo Pisos.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Roberto Benjamín Carballo Pisos, con domicilio en Guimarei, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 2 de novembro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Leguiñas de 4 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa no termo municipal da Estrada, desta provincia, e que lle correspondeu o nº 2691 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º35'20''42º41'20''

Vértice 28º34'20''42º41'20''

Vértice 38º34'20''42º41'00''

Vértice 48º35'00''42º41'00''

Vértice 58º35'00''42º40'40''

Vértice 68º35'20''42º40'40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición oposición ningunha.

Pontevedra, 6 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra