Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.431

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (224/1995).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira,

Dou fe e testemuño: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís

consta a recaída nos autos co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Ribeira o seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido os presentes autos de divorcio seguidos co número 224/1995 por instancia de Elvira Fernández Sampedro representada polo procurador Villar Trillo e asistido do letrado Poch Sampedro contra Francisco Vázquez Martínez declarado en situación procesual de rebeldía.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que, considerando parcialmente a demanda presentada polo procurador Villar Trillo, en nome e representación de Elvira Fernández Sampedro contra o seu esposo Francisco Vázquez Martínez debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por ámbolos cónxuxes o día 17 de abril de 1972 con tódalas súas consecuencias legais e debo acordar e acordo que as fillas menores de idade quedarán baixo a custodia da nai demandante, mentres dure a patria potestade de ámbolos proxenitores debendo o demandado satisfacer a cada unha das súas fillas o 10% dos seus ingresos netos mensuais cantidades pagadoiras por meses anticipados nos cinco primeiros días de cada mes e revisables anualmente, conforme o índice de variación do índice de prezos sobre a vida, conforme o establecido polo INE decretándose a absoluta separación de bens todo iso sen facer especial imposición de custas. Notifíquese esta resolución ós rexistros civís correspondentes para os efectos legais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días perante a Ilma Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E pare que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Juan Fernando Domínguez Rego expido e asino a presente cédula en Ribeira o seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado