Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.431

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (36/1995).

Mª Luisa Cobas Martínez secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido,

Fai saber que, neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos nº 36/1995

nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Padrón o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Mª del Coral Rodríguez Liñares xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido os presentes autos de executivo outros títulos seguidos neste xulgado co número 36/1995 nos que son parte como demandante Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra representados polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes e como demandados entre outros José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal de Otero, Georgino Otero Rodríguez, Jocelyne Claude Thuilier de Otero, en paradoiro desconecido e declarados en rebeldía.

Resolvo que, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal de Otero, Georgino Otero Rodríguez, Jocelyne Claude Thuilier de Otero, Manuel Otero Rodríguez e Mª Basilia Rodríguez Otero e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución a cantidade de 6.851.570 ptas. importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas; ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ós demandados non comparecidos José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal de Otero, Georgino Otero Rodríguez e Jocelyne Claude Thuilier de Otero expido o presente edicto en Padrón o catro de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado