Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.431

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 28 de xuño de 1996, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de auxiliar da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de maio de 1995, sobre os resultados do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto no apartado 12 da base sexta A) da Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), este tribunal anuncia a publicación dos resultados do segundo exercicio da fase de oposición para o acceso á categoría de auxiliar da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

As listas correspondentes atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste.

Así mesmo, este tribunal anuncia que, en uso das facultades que ten atribuídas no apartado 5 da base sexta A) da dita resolución, acordou, en sesión celebrada o día 21 de xuño de 1996, declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen nese segundo exercicio unha puntuación igual ou superior a 37 puntos, declarando expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadaran a dita puntuación.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Presidente do tribunal