Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.417

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de empresas do metal sen convenio propio.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector empresas do metal sen convenio propio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día

14-5-1996, subscrito en representación da parse económica por (Asime) Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos de Pontevedra, (Atra) Asociación Autónoma de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Pontevedra, (Instalectra) Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparación Eléctricas de Pontevedra, (Feca) Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa, (Foncalor) Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefaccion en General, Aire Comprimido y Afines de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 25-4-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de

funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta

delegación provincial, e a notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para as empresas

do metal sen convenio propio da provincia de Pon-

tevedra. Anos 1996-1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións mínimas a que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores, as súas disposicións de desenvolvemento e o propio convenio colectivo ata o momento vixente.

Afecta ó persoal que actualmente preste servicios nas referidas empresas, así como a aquel que ingrese no futuro, tanto nas empresas xa establecidas coma nas que no futuro puidesen establecerse na provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia. Denuncia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia de dous anos, e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1996 para finaliza-lo 31 de decembro de 1997.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio terá que ser denunciado con tres meses de antelación á data de remate do mesmo, que é a expresada do 31 de decembro de 1997.

Artigo 3º.-Xeira de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xeira laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo equivalentes a 1.792 horas efectivas en cómputo anual como máximo.

Durante a vixencia do presente convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro non laborables, compensados polo exceso de días do cómputo da xeira, e os restantes días quedan para que se negocien e acorden entre as empresas e os seus representantes sindicais.

O réxime de xeira máxima anual que aquí se establece para a vixencia do presente convenio tomarase como referente mínimo para efectos do establecemento da xeira máxima anual na negociación do próximo convenio.

A xeira de traballo comezara á hora prevista no cadro horario aprobado pola empresa e os representantes legais dos traballadores.

O traballador debérase atopar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa e indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido.

A dita xeira normal será computada en consideración a iniciación do labor no posto de traballo e finalización deste, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité ou delegados de persoal ou cos traballadores, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción dos custos, aumento de vendas ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

Tódalas empresas afectadas por este convenio distribuirán preferentemente a súa xeira laboral de luns a venres, con excepción daquelas que tivesen establecida a xeira continuada de luns a sábado.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos, e desfrutaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Non obstante, se por causas conxunturais ou outras circunstancias a empresa se vise obrigada a paraliza-la súa producción, ben por avarias ou por falla de subministración de materias primas, orixinado todo iso por forza maior, a empresa poderá determina-la data do período de vacacións, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute para coñecemento dos traballadores.

O aboamento delas realizarase ó seu inicio.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do termo do ano natural.

O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincide coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 5º.-Días santos.

Para 1996 e 1997 establécense como máximo os días santos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Haberá que ter en conta en todo momento o disposto pola autoridade laboral.

Artigo 6º.-Seguridade a hixiene no traballo. Saúde laboral.

Dentro dos tres meses seguintes a sinatura do convenio, crearase unha comisión sectorial interprofesional de prevención de riscos laborais con carácter de paritaria, integrada por representantes elixidos

polas asociacións empresariais participantes neste convenio e polos sindicatos, en número por concretar. A dita comisión terá entre outras funcións: primeiro, promover entre os empresarios e traballadores do sector do metal comprendidos neste convenio unha adecuada formación e información en temas de prevención de riscos no traballo e concretamente a de dar a coñecer ás empresas e traballadores o funcionamento dos comités de seguridade e saúde e dos delegados de prevención. Segundo, coñece-los estudios realizados no sector polo Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, Mutuas de Accidentes e as propias empresas con respecto a traballos tóxicos, penosos e perigosos, accidentes e enfermidades profesionais máis comúns no sector. Terceiro, propor e preve-las medidas técnicas.

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comité de seguridade e saúde, haberase que ater ó que para tal efecto dispón a Lei 31/1995, do 8 de novembro.

As empresas obríganse ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc., de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais.

No demais cumprirase o establecido na mencionada lei e o seu desenvolvemento.

Artigo 7º.-Recoñecemento médico.

Tódalas empresas vinculadas polo presente convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande ou noutro centro asistencial similar, un recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, quen facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Artigo 8º.-Validación de aprendizaxe.

Os anos traballados como aprendiz nunha empresa serán computables para efectos de duración da aprendizaxe noutra da mesma especialidade, logo de certificación do aproveitamento que expedirá a empresa anterior ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

Artigo 9º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas fidedignamente.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co do traballo se prescribe a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xeira normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberase que ater ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

j) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

Nos supostos d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.

No suposto c), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 quilómetros, concederáselle un día natural máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, as empresas deberán conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 10º.-Pezas de roupa de traballo.

Tódalas empresas dotarán o seu persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas cada ano, e se fose necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. As indicadas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural.

En relación co calzado, o empresario dotará ó traballador dun par de botas de seguridade como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode provocar, e sempre que a tal actividade requira estas pezas de protección.

O persoal administrativo e técnico que así o solicite percibirá cada ano unha bata que o protexa do desgaste da súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, a dita peza de roupa será de uso obrigatorio durante a xeira laboral. No caso de ter que realizar algun labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

Proverase de roupa e calzado impermeable o persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie e réxime de chuvias frecuentes, así como tamén os que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contactos con ácido dotarase o traballador de roupa adecuada.

Os porteiros, vixilantes, gardas, conserxes e chóferes proporcionaráselles cada ano uniforme, calzado e pezas de roupa de abrigo e impermeables.

O traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle uns, sempre que en razón ó traballo que realice sufrisen deterioración.

Se o traballador necesitase cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, cumpriranse estrictamente as esixencias que ó respecto determina a ordenanza laboral de seguridade e hixiene (artigos 141 a 151).

Artigo 11º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das suas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación as súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 12º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Para todo o persoal, tanto de taller coma de oficina, considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

Mentres non se acorde na comisión, que para tal efecto se creará, haberase que ater ó disposto na ordenanza laboral siderometalúrxica.

Artigo 14º.-Plus por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade dan dereito á correspon

dente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadores. En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A expresada bonificacion establécese así:

-Cando se produce un só suposto: 54 pesetas/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 83 pesetas/hora.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlles respectadas.

Artigo 14º bis.-Plus por traballos nocturnos.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Tódolos traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o seu salario base. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos que lles corresponda.

Artigo 15º.-Plus de xefe de equipo.

E o xefe de equipo o traballador da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc., en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes persoal de superior categoría cá súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na sua función, manteráselle a súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada.

O 20% figurará como concepto en nómina como plus de xefe de equipo.

O plus que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da sua categoría, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 16º.-Salarios.

Para 1996 o incremento será do 4,5% sobre os valores, táboas anexas, primas, seguros e calquera outro concepto recollido no convenio.

Para 1997 o incremento salarial sera o IPC previsto polo Goberno estatal máis un punto.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Para a negociación do próximo convenio terase como referencia o IPC.

Artigo 16º bis.-Revisión salarial.

Se o IPC real do ano 1996 superase o 4%, a diferencia resultante será tida en conta para determi

na-la base de cálculo dos incrementos salariais para o ano 1997, se ben non devengará pagamento de atrasos.

Ano 1997. Se o IPC real superase ó IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 1997, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos Incrementos salariais para o ano 1998, se ben non devengará pagamento de atrasos.

Artigo 17º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación para aquelas empresas que acrediten descensos, en termos reais, da facturación ou dos resultados dos dous últimos exercicios, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do convenio anterior.

Para efectos da presente cláusula, as partes acordan someterse as seguintes normas de procedemento:

a) A dirección da empresa deberá comunicar por escrito á representación dos traballadores e á comisión paritaria do convenio a vontade de acollerse á cláusula de desvinculación antes dos 15 días seguintes a publicación do presente convenio colectivo no BOP.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa fidedigna, documentación que como mínimo comprenderá: 1/ memoria explicativa das causas que motivan a solicitude, 2/ balances e conta de resultados dos 2 últimos exercicios económicos.

c) Á vista da documentación achegada, se no prazo de 10 días seguintes a súa recepción polos representantes dos traballadores, non se acadase un acordo remitirase á comisión paritaria a indicada documentación.

d) A comisión paritaria, no prazo de 10 días hábiles, deberá resolver sobre a cuestión formulada.

e) Se a comisión paritaria non dicta resolución no prazo indicado, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I do 4 de marzo de 1992 asumindo as partes asinantes do presente convenio o sometemento expreso ó dito sistema polo simple feito da indicada remisión, sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

f) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores, a dirección comunicará a dita petición de desvinculación a comisión paritaria, procedéndose conforme se determina nos apartados b, d e e anteriores.

g) Os acordos que se adopten no seo da empresa establecerán os incrementos acordados para a vixencia do convenio así como a forma da súa aplicación.

Do acordo adoptado darase conta á comisión paritaria, co obxecto do seu coñecemento.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, conforme os seguintes criterios:

A) Horas extraordinarias habituais: supresión.

B) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

C) Horas extraordinarias estructurais: mantemento. Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo iso sempre que non poidan ser substituídas por contraprestacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comite de empresa, ós delegados de persoal e delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores, rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais non terán o recargo nas cotizacións á Seguridade Social, a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificarase así mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e comité ou delegado de persoal, se é o caso.

Establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:

HE=P(S+A)x1,75

H

HE= valor hora extra.

P= número de pagas ó ano.

S= salario convenio mes.

A= antigüidade mes.

H= nº horas efectivas ano.

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 25% de recargo.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de 30 días de salario base máis antigüidade, se é o caso calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xullo. Polo que respecta a do segundo semestre, aboarase entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía da táboa anexa.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo prestado dentro da empresa a título de traballo en prácticas e para a formación, sempre que ó termo dun ou outro tipo de contratos o traballador continuase na empresa.

Artigo 21º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da industria e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito, durante a vixencia deste convenio, ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa: 3.700 pesetas/día.

-Media axuda de custo: 1.500 pesetas/día.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa tivese o traballador que desprazarse a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido no desprazamento deberá caer dentro da xeira establecida.

Se como consecuencia do desprazamento tivese que iniciarse a viaxe antes de dar comezo a súa xeira, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez superada a hora oficial de terminación da xeira, o traballador percibirá o tempo de exceso de xeira como horas extraordinarias.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e por requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu pro

pio vehículo, aboaráselle a cantidade de 29 pesetas por quilómetro.

Artigo 22º.-Gastos mínimos de locomoción.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de gasto de locomoción, a cantidade de cincocentas tres pesetas (503 ptas.).

Artigo 23º.-Pluriemprego.

As partes asinantes do presente convenio estiman conveniente contribuír á erradicación do pluriemprego como regra xeral.

Para estes efectos, considérase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estalo xa noutra empresa.

As empresas afectadas polo presente convenio non poderán contratar, en réxime de pluriemprego, ou xeira reducida, aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xeira completa e non a tempo parcial.

Artigo 24º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Poderanse reintegrar ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso deste volvera ó seu antigo posto na empresa.

Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa, no momento de retorno do fixo cesará, sen dereito a indemnización ningunha se se lle notificase co prazo de 8 días de antelación, aboándoselle estes se non se lle comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Artigo 25º.-Recibo de liquidación.

No caso de baixa na empresa, entregaráselle ó traballador copia da liquidación con 5 días de antelación ó cesamento.

Nas liquidacións que terán lugar por finalización ou rescisión de contrato ou outras causas, farase

constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo que a empresa teña que pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda no tempo que o traballador que asine a liquidación prestou os seus servicios.

Artigo 26º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

As empresas darán conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores, se existisen:

En tódalas empresas con representación sindical, aquelas están obrigadas a ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto a inserción desta, rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Unha vez que haxa común acordo entre as empresas, sindicatos e representantes dos traballadores (comités ou delegados) poderase pacta-la acumulación mensual de horas sindicais nun só representante, cando o cadro de persoal daquelas fose superior a 31 traballadores.

Dentro das formalidades previstas nos artigo 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xeira laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 27º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano, terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de se situaren en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos pare atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se procede, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Poderán así mesmo solicita-lo seu paso a situación de excedencia na empresa os traballadores que exer

zan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

No non previsto neste artigo rexerá o que establece o Estatuto dos traballadores (artigo 46) e ordenanza laboral siderometalúrxica (artigo 61), invocándose en cada caso a norma máis beneficiosa entre as ditas disposicións.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada a empresa cun mes de antelación como mínimo a data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa será efectuada tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación a data de finalización do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e as empresas estarán obrigadas a xustificar recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 28º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, unha vez que haxa común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto-lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou xove demandante de primeiro emprego mediante un contrato da mesma natureza.

Artigo 29º.-Contratación eventual e de aprendizaxe.

Contratos en prácticas. Transcorrido o primeiro ano, o empresario deberá comunicar ó traballador contratado en prácticas a continuidade ou non do contrato. En caso de decidir non continuar poderase rescindi-lo contrato por considerarse que non responde as expectativas polas que foi contratado, respectándose os prazos establecidos tanto para proceder a comunicación de aviso como para devenga-los haberes e demáis percepcións a que teña dereito o traballador. O empresario, neste último caso, poderá formalizar outro contrato en prácticas con traballador distinto.

A retribución do traballador será a do 65% ou o 80% durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

Contratos de aprendizaxe. Poderanse formalizar contratos de aprendizaxe con mozos de idade comprendida entre os 16 e os 23 anos.

A retribución será:

Aprendiz de primeiro ano o 75% do salario mínimo interprofesional que lle corresponda pola súa idade.

Aprendiz de segundo ano o 85% do salario mínimo interpofesional que lle corresponda pola súa idade.

Aprendiz de terceiro ano o 95% do salario mínimo interprofesional que lle corresponda pola súa idade.

Non obstante o anterior, a retribución do aprendiz menor de 18 anos non poderá ser inferior ó 90% do salario mínimo interprofesional correspondente á súa idade.

Contrato eventual por circunstancias de producción. Naqueles outros contratos de duración determinada por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulados no punto 1 apartado b) do artigo 15 da Lei 11/1994 e no artigo 3 do Real decreto 2546/1994 mencionados, poderá ter unha duración máxima de 18 meses dentro dun período de 20 meses contados ó momento no que se produzan as ditas causas.

As empresas metalúrxicas con convenio propio que desexen acollerse ó establecido neste artigo deberán facer unha remisión expresa a el dentro do seu convenio ou a través da súa comisión paritaria.

Artigo 29º bis.-Indemnización por cesamento.

Establécese unha indemnización dun día e medio por mes traballado para tódolos contratos, agás os contratos indefinidos.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

As empresas deberán concertar seguros colectivos de accidentes, con primas integral ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.150.000 pesetas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total absoluta ou gran invalidez: 1.700.000 pesetas.

A repercusión na cobertura de póliza pola diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos a partir de 30 días despois da sinatura do presente convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberase concertar no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios das empresas.

Artigo 31º.-Incapacidade laboral transitoria.

A prestación por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xeira laboral, com

plementarase ó cen por cento desde o primeiro día da baixa.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cen por cento do seu salario desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente ante a súa empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 32º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación, vixilancia do seu cumprimento e reestructuración do sector.

A comisión estará integrada polos seguintes membros:

-Un presidente, o da comisión negociadora do convenio.

-Dous vocais para cada unha das centrais sindicais, Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Converxencia Intersindical Galega.

-Sete vocais pola representación empresarial.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación, así como en todas aquelas cuestións socio-laborais que poden afectar ó sector.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario a primeira quincena de cada trimestre a partir da sinatura do convencio, e con carácter extraordinario por petición de calquera das partes, e logo de convocatoria do presidente dela nun prazo máximo de 72 horas.

Artigo 33º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio rexerá o previsto no Estatuto dos traballadores e na Ordenanza laboral siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, que se asume como norma subsidiaria polos asinantes, así como as disposicións legais vixentes ou que se poidan promulgar durante a vixencia do convenio.

Artigo 34º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1.c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

3. Nas empresas que non teñan representación legal dos traballadores, o traballador ou traballadores afectados poderán facilitar copia da memoria explicativa e da comunicación a central sindical que coiden oportuno, que deberá ser necesariamente unha das asinantes do convenio. A central sindical poderá, do mesmo xeito que no suposto previsto no parágrafo anterior, e sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo empresarial, emitir informe motivado no prazo de catro días hábiles sobre a decisión empresarial e a causa extintiva legal.

4. Dos informes ós que se fai referencia nos apartados 2 e 3 anteriores darase traslado a dirección da empresa para unilos ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo desistise de tal dereito.

5. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1.c) do Estatuto dos traballadores.

6. A presente cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 35º.-Persoal de novo ingreso.

1. O persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos-non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns, especialistas e aprendices: 2 semanas.

2. As empresas entregarán ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se deban celebrar por escrito, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

3. As empresas notificarán ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo dos que a copia básica foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles.

Artigo 36º.-Formación profesional.

As empresas colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o

acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e os sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolve-lo dito labor.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua seranlles tidos en conta estes para efectos de promoción interna e ó acceso a categorías superiores.

Disposicións adicionais

Primeira.-As centrais sindicais asinantes do convenio desisten expresamente durante a vixencia del do exercicio do dereito de folga na negociación e conflictos colectivos que poidan afectar ó sector no ámbito deste convenio na provincia de Pontevedra.

Segunda.-A data tope para o aboamento dos atrasos salariais será o 30 de xuño.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio foron:

Pola representación empresarial:

Asime: Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos de Pontevedra.

Atra: Asociación Autónoma de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de la Provincia de Pontevedra.

Instalectra: Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparaciones Eléctricas de la Provincia de Pontevedra.

Feca: Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa.

Foncalor: Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción en General, Aire Comprimido y Afines de la Provincia de Pontevedra.

Pola representación dos traballadores:

UXT: Unión Xeral de Traballadores.

CC.OO.: Comisións Obreiras.

CIG: Confederación Intersindical Galega.

Disposición provisional

As partes asinantes do presente convenio comprométense, pasados 15 días da publicación deste convenio, a crear unha comisión de traballo co obxecto de trata-los seguintes temas:

-Organización do traballo.

-Réxime disciplinario.

-Saúde laboral.

-Clasificación profesional.

O acordado nestas materias poderá ser incorporado ó texto do convenio durante a vixencia deste.

TÁBOAS DE SALARIOS E ANTIGÜIDADE

CategoríasSal. base

mes

Antigüidade

mes

Técnicos titulador
Enxeñeiros e licenciados190.0747.908
Perito con responsabilidade171.6237.138
Enxeñeiros e técnicos industriais163.4796.627
Garduados sociais128.3325.154
Maestros industriais126.1284.451
Practicantes106.8694.256

Técnicos de taller
Xefe de taller138.8405.767
Mestres de taller124.1885.157
Contra mestre124.1885.157
Encargado113.3454.698
Capataz de especialistas96.6484.009
Capataz de peóns ordinarios92.6653.836

Técnicos de laboratorio
Xefe de primeira145.0156.022
Xefe de segunda124.1885.157
Analista de primeira113.3454.698
Analista de segunda97.4424.035
Auxiliar88.4503.613

Técnicos de oficina
Delineante proxectista130.6995.700
Delineante de primeira108.0954.485
Delineante de segunda98.7144.095
Auxiliar88.4503.613

Organiz. científica traballo
Xefe de primeira138.2605.767
Xefe de segunda128.4175.331
Técnico organización de primeira111.4254.622
Técnico organización de segunda99.5074.130
Auxiliar88.4503.613

Administrativos
Xefe de primeira138.8275.767
Xefe de segunda128.4175.331
Oficial de primeira111.4224.622
Oficial de segunda99.5074.130
Viaxante111.4224.622
Auxiliar88.4503.613

Persoal subalterno
Chofer camión97.4064.035
Chofer turismo95.3033.950
Chofer motociclo88.9943.685
Listeiro94.2293.904
Almaceneiro91.0883.776
Pesador de báscula88.9943.685
Vixilante86.8923.598
Porteiro e ordenanza84.7973.510

Operarios de taller
Oficial de primeira104.5834.346
Oficial de segunda100.1674.080
Oficial de terceira95.7263.939
Especialista92.9733.808
Peón88.4493.613

Menores de 18 anos
De 17 a 18 anos52.6590
De 16 a 17 anos47.1540