Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.426

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996 pola que se convoca unha bolsa de investigación para o Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística da Ponencia de Lingua.

O Consello da Cultura Galega convoca unha bolsa de investigación para a realización dun traballo de documentación.

1. Duración.

A bolsa terá unha duración de catro meses.

2. Dotación económica.

A bolsa terá unha dotación de 50.000 ptas. mensuais.

Para atende-lo gasto que supón a bolsa existe crédito suficiente na aplicación 03.01.111D.480 do orzamento vixente.

3. Requisitos.

Poderán optar á bolsa tódolos españois, maiores de idade, e con plena capacidade para obrar, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Seren licenciados universitarios en ciencias sociais ou humanas.

b) Non ser traballadores por conta propia ou allea, nin recibir remuneración de ningún tipo ou gozar dunha bolsa ou axuda semellante.

4. Solicitudes.

Os solicitantes entregarán na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela), dentro do prazo de dez días contados a partir da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

-Instancia de solicitude dirixida ó presidente do Consello da Cultura Galega.

-Titulación universitaria.

-Currículum vitae con indicación dos estudios, actividades e documentación acreditativa de tódolos méritos que se aleguen.

-Declaración xurada de non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea, nin gozar de bolsas ou axudas equiparables á convocada.

5. Selección dos bolseiros.

A selección dos bolseiros será realizada pola comisión cualificadora que fará unha valoración dos méritos achegados.

6.Comisión cualificadora.

A comisión cualificadora estará composta por tres membros do Consello da Cultura Galega. A comisión cualificadora poderá comprobar se os solicitantes

posúen suficientes coñecementos de lingua galega para desempeña-la súa función.

7. Nomeamento.

Os bolseiros serán nomeados polo presidente do Consello da Cultura Galega por proposta da comisión cualificadora. Os bolseiros seleccionados deberán presentarse na sede do consello dentro dos dez días seguintes ó da notificación da súa selección, co obxecto de recolle-las súas credenciais acreditativas e comeza-la súa actividade.

8. Incidencias.

A solicitude de bolsas implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaria do Consello da Cultura Galega