Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Acsa Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Acsa Galicia, S.A., que se subcribiu coa data do 28 de marzo de 1996, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais.

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En Santiago de Compostela, 18 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo sindical (pacto de empresa) de ámbito interprovincial para a empresa Acsa Galicia, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio colectivo sindical regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais de todo o persoal da empresa ACSA Galicia, S.A. na totalidade dos seus centros de traballo na Coruña e Lugo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor o mesmo día do seu asinamento. Manterase en vigor ata o 31 de decembro de 1996 e tódalas melloras se entenderán desde o 1 de xaneiro de 1996; entenderase prorrogado de ano en ano se non é denunciado por unha ou outra das representacións negociadoras, cunha antelación mínima dun mes respecto da súa data de expiración.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Entenderanse as condicións persoais en concepto de retribucións de calquera clase que, consideradas no seu conxunto e cómputo anual, sexan máis beneficiosas que as tipificadas no presente convenio colectivo, e manterase estrictamente ad personam.

Artigo 4º.-Período de proba.

Sempre que así se faga constar no contrato de traballo, as admisións de novo persoal serán a título de proba, que comprenderá os seguintes períodos referidos os distintos grupos de persoal:

Servicio posvenda: 30 días.

Administrativos: 30 días.

Técnicos comerciais: 90 días.

Software: 90 días.

Non cualificados: 10 días.

En calquera momento de tal período de proba ou ó chegar á súa teminación a empresa ou o traballador poderán resolver libremente o contrato sen prazo de aviso previo nin indeminización ningunha.

Artigo 5º.-Mobilidade do persoal.

Se a empresa acorda un traslado dos comprendidos no artigo 40 do Estatuto dos traballadores e o traballador non acepta o traslado, pronunciándose como consecuencia a autoridade laboral, estimando resolto o contrato de traballo. A empresa aboará como indemnización unha cantidade equivalente a dúas mensualidades por ano de servicio. Se, polo contrario, fose a empresa a que non aceptase a aplicación dos preceptos citados, e como consecuencia disto, a autoridade laboral declare rescindido o contrato de traballo, a empresa aboará unha cantidade equivalente a tres meses de salario por ano de servicio, considerándose a situación equiparada á de despedimento improcedente.

En todo caso, queda entendido que a normativa deste artigo aplicarase naqueles casos nos que non haxa acordo previo entre a empresa e o traballador, xa que no suposto de que o traslado se leve a cabo de mutuo acordo, as partes acordarán o que se coide conveniente sobre o particular.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Como norma prohíbense as horas extraordinarias ou estructurais. En calquera caso, e se por aglomeración de traballo e a urxencia da súa terminación, poderanse pactar estas de forma individual así como a súa compensación económica ou mediante o desfrute de tempo fibre. En ningún caso se poderán efectuar máis horas que as permitidas pola lexislación vixente.

Artigo 7º.-Axudas de custo.

A axuda de custo alimenticia queda establecida da seguinte forma:

Media axuda de custo (xantar): 1.500 ptas.

Media axuda de custo (cea): 1.500 ptas.

Por pasa-la noite poderase utilizar un hotel ou residencia de ata tres estrelas, a xustificar. Se non houbese posibilidade de atopar aloxamento da dita categoría, ou non dispuxese esta de cuarto libre, poderase utilizar hotel ou residencia de categoría superior e baixo as mesmas condicións de xustificación.

Artigo 8º.-Condicións específicas do persoal comercial.

As condicións pare este persoal serán as que teñen especificamente ou individualmente convidas. Tales condicións poderán ser obxecto de revisión en función das evolucións que se produzan no mercado en que se desenvolve a actividade comercial da empresa.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

A todo o persoal que se atope en situación de I.L.T. derivada de enfermidade común ou profesional, accidente laboral ou extralaboral, a empresa complementaralle as percepcións que por estes conceptos perciba ata o límite en todo caso do 100% do salario real medio dos últimos doce meses.

En ningún caso o total da percepción neta en situación de I.L.T. será superior ó percibido en situación de alta.

A emprea reserve pare si o dereito de confirmar a través dos servicios inspectores da Seguridade Social as baixas emitidas.

Artigo 10º.-Quilometraxe.

Compensarase segundo as normas vixentes ós empregados que, de acordo coa empresa, utilicen o coche como instrumento de traballo ó servicio dela, aboando o prezo por quilometraxe percorrido a vin

tecinco pesetas (25 ptas.). En caso de suba da gasolina, estudiaríase a porcentaxe dela por quilómetro.

Artigo 11º.-Garantía do posto de traballo.

O persoal en postos de traballo a extinguir deberá ser formado noutros similares, coas garantías necesarias para acceder a estes, e de acordo co comité de empresa ou delegado de persoal, nestas formacións.

Como medida de protección ó posto de traballo, non poderán realizarse traballos fóra do ámbito da empresa se esta dispuxese de persoal especializado para a realización deles. En todo caso e se, por circunstancias especiais, a empresa considerase necesario realizar traballos fóra dela requirirase o previo informe ó comité de empresa ou delegado de persoal.

Como medida de reducción do paro e a partir da entrada en vigor do presente convenio, non poderá contratarse persoal que estea dado de alta na Seguridade Social noutra empresa.

Nos supostos en que a Maxistratura de Traballo declare improcedente un despedimento e inmediatamente despois de que a sentencia sexa firme, a empresa obrígase, salvo acordo co traballador, á readmisión naqueles casos nos que o despedimento se basease na afiliación ou actuación política ou sindical do traballador sancionado.

Artigo 12º.-Cursos nacionais de formación.

Nos cursos de formación profesional e reciclaxe que a empresa organice en territorio nacional rexerá a seguinte normativa:

a) Os gastos de desprazamento serán a cargo da empresa.

b) O traballador poderá elixi-lo medio de transporte, sempre que estea á hora de comezo do curso no lugar sinalado e que o saído pola empresa para o seu desprazamento non supoña un custo maior que o dos medios públicos de transporte existentes pare efectuar tal desprazamento (avión, tren, etc.).

c) Por cada mes de curso, o traballador desfrutará dunha fin de semana no seu domicilio; correrán por conta da empresa os gastos de desprazamento.

d) Se a duración do curso nacional fose superior a tres meses, o traballador poderá retornar ó seu centro e posto de traballo; permanecerá nel durante unha semana.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

As datas de aboamento das pagas extraordinarias serán:

-31 de marzo

-30 de xuño

-15 de outubro

-15 de decembro

Estas datas poderán ser modificadas por razóns administrativas, advertindo diso ó persoal con oito días de antelación. O devengo será trimestral.

Artigo 14º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de vintetrés días laborables de vacacións anuais, a partir dun ano de antigüidade; para efectos de cálculo dos días laborables, o sábado será considerado como festivo. As vacacións poderán ser desfrutadas en forma ininterrompida ou fraccionada por petición do traballador e de acordo coa empresa.

Se por solicitude da compañía se interrompen as vacacións e con iso se cause un prexuízo económico ó traballador, este será reintegrado de tal prexuízo, sempre que haxa pola súa parte advertencia previa e posterior xustificación deste.

Por outra parte, o traballador desfrutará dun día máis de vacacións cando tal interrupción, pedida pola empresa, sexa inferior ou igual a cinco días, e de dous días máis se excede de cinco días, en ámbolos casos laborables.

Nos casos de liquidación por saldo, ó importe da cantidade devengada en concepto de vacacións agregarase a parte proporcional dos festivos comprendidos no dito aboamento.

A empresa obrígase a notificar, de acordo cos representantes dos traballadores, as datas de vacacións con dous meses de antelación.

Artigo 15º.-Permisos e existencias.

Haberá que aterse ó establecido na lexislación vixente. Coa salvidade de que o traballador que o solicite, terá dereito a un número de días de permiso non retribuídos ou a conta das súas vacacións anuais (a opción do traballador), para asuntos propios e non superior a seis días ó ano. Estes días non serán consecutivos, salvo acordo coa dirección e para o seu desfrute será preciso que a coincidencia do número de persoas que utilicen este dereito simultaneamente no centro de traballo non prexudique en forma apreciable o normal funcionamento deste.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince díes naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia, para tal efecto, será de cinco días.

Artigo 16º.-Maternidade.

O persoal que, por razón de maternidade necesite imprescindiblemente supera-los prazos de descanso legalmente establecidos, poderá solicitar unha excedencia na forma e condicións establecidas na lexis

lación vixente, coa única salvidade de que o seu reingreso se producirá na data en que o solicite, con aviso previo mínimo de dous meses; esta reincorporación se producirá nun posto de traballo adecuado a súa categoría profesional.

Se fose necesaria a contratación doutro persoal para tal período de descanso e excedencia se é o caso, entenderase sempre que a persoa substituta se contratou co carácter de interina e cesará a súa relación laboral coa empresa ó se produci-lo retorno da substituída.

Cando as ditas traballadoras en situación de baixa por maternidade non superen o período autorizado pola lexislación vixente, reincorporaranse ó mesmo posto de traballo que ocupaban antes de producirse a baixa. Se tal baixa por este concepto superase o período arriba referido, a interesada retornará ó mesmo ou a outro posto de traballo, respectándose as súas condicións de salario e antigüidade.

Artigo 17º.-Enfermidade dos fillos.

Os traballadores gozarán de permiso non superior a dez días anuais, ininterrompidos ou non, para atender enfermidades graves e xustificadas dos seus fillos; estes días terán a seguinte remuneración:

Primeiro e segundo días: aboable ó 100%.

Terceiro e cuarto días: aboables ó 70%.

Quinto, sexto, sétimo e oitavo días: aboables ó 40%.

Noveno e décimo días: non retribuídos.

Artigo 18º.-Revisión médica.

A empresa seguirá ordenando pola súa conta a revisión médica anual para todo o persoal da organización.

Independentemente do anterior, tódalas traballadoras que o desexen terán dereito a unha revisión xinecolóxica anual, a cargo da empresa.

Artigo 19º.-Visita médica.

O persoal que teña necesidade de asistir a consultas a especialistas alleos á Seguridade Social, poderán acudir a elas, logo de autorización do seu xefe inmediato e sen perda de remuneración sempre que non sexa posible efectualo fóra das horas de traballo.

Para que estas consultas se entendan comprendidas no parágrafo anterior será indispensable a achega de xustificantes de se realiza-la visita médica.

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, salvo na denominada xornada de verán, que será de 35 horas semanais. A distribución farase da seguinte maneira:

Horario de inverno: 8.30 horas a 14 horas/16 horas a 18.30 horas.

Horario de verán: 10 de xuño ó 16 de setembro de 1996, de 8 horas a 15 horas.

En tódolos casos, de luns a venres.

Artigo 21º.-Incremento salarial.

O incremento de masa salarial, aboada pola empresa durante 1995, composta por, salario base, prima de producción, antigüidade e plus de transporte para 1996 nun 3,5%. 0 importe resultante da suba dos pluses será incrementado ó salario base. Sen prexuízo do apartado anterior, no caso de que o índice de prezos ó consumo (I.P.C.) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1996 unha suba superior ó 3,5%, actualizaranse os salarios con carácter retroactivo desde o 1-1-1996. Os atrasos do IPC, unha vez coñecido este, cobraranse nunha soa paga.

Artigo 22º.-Antigüidade.

Sendo Acsa Galicia, S.A. unha empresa creada a partir de Gispert, S.A. en 1982, e respectando na súa contía económica a antigüidade habida na anterior empresa, tódolos traballadores en cadro de Acsa Galicia S.A., inician en xaneiro de 1983 un novo período, os máis antigos e os demais na data da súa incorporación a Acsa Galicia, S.A.. Neste sentido e mantendo o compromiso de adecua-las condicións existentes en Gispert, S.A. a nova empresa, fixa, para cando haxa lugar, os períodos de antigüidade en quinquenios e o seu valor en 2.300 ptas., resultando de aplica-lo valor da antigüidade existente en 1983 en Gispert, S.A. a inflación habida no período 1983-1986.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Serán todos aqueles de elección e representación que estipule a lei en cada momento coas melloras adicionais que a seguir se detallan:

Dúas reunións, anuais, para tódolos traballadores, dentro do horario de traballo.

Artigo 24º.-Transporte.

Os empregados de Acsa Galicia S.A. dos departamentos se SPV, almacén e administración percibirán como compensación ó transporte a cantidade de 6.100 ptas, mensuais, é dicir, 12 meses no ano.

Artigo 25º.-Comisión paritaria de vixencia e ampliación.

A comisión paritaria para resolve-las cuestións que se deriven da aplicación deste convenio estará integrada por:

José Veira Villar, vocal empresa.

Manuel López Edreira, vocal traballadores.

Artigo 26º.-Absorción e compensación.

As disposicións legais que se dicten durante a vixencia do presente convenio e que supoñan unha variación económica, como a xornada, vacacións ou calquera outra das materias reguladas neste convenio, ou con existencia xa de feito nas relacións

de traballo da empresa, unicamente terán eficacia mentres, consideradas na súa totalidade, superasen a nivel individual e en cómputo anual, as preexistentes en Acsa Galicia S.A., debendo entenderse en caso contrario absorbidas na súa totalidade polas melloras actuais ou pactadas neste convenio.

Este convenio representa unha unidade cerrada no seu conxunto, de tal forma que calquera situación individual que poida ser regulada dentro del haberá

de interpretarse no seu contexto e en valoración anual, entendéndose que tódalas melloras ou situacións persoais que poidan alegarse como prexuízo individual terán que contemplarse xustamente cos beneficios que se obteñan da aplicación total deste convenio.

A Coruna, 28 de marzo de 1996.

Rubricado

Táboa salarial ano 1996

Acsa Galicia, S.A.

S.P.V.Sal. baseAntigüidadeTransporteProductividadeTotal ano

J.E. Veira Villar154.1314.6006.10015.5002.704.248
Miguel González López155.4392.3006.10021.0002.752.686
Jorge González Álvarez153.3544.6006.10015.0002.686.446
Benardino F. Iglesias136.3224.6006.10015.0002.423.142
J.L. Espiñeira L.129.5734.6006.10015.0002.318.814
Ángel Luengo Fernández146.9274.6006.10017.0002.610.270
M.L. García Muine153.1404.6006.10017.0002.706.318
J.M. Blanco Velo156.2464.6006.10017.0002.754.342
Manuel López Edreira147.6774.6006.10015.0002.598.678
F. Vázquez Fernández133.8584.6006.10017.0002.408.238
Modesto M. Montes110.8412.3006.10017.0002.016.862
Jesús Souto Nieves110.8412.3006.10017.0002.016.862
Camilo Martínez Martínez96.6202.3006.10015.5001.779.640
J.J. Sánchez Pérez86.0846.10011.5001.534.272
Jesús Corbelle S.84.9246.10010.5001.505.292

Totais1.955.94250.60091.500236.00034.816.110

AdministraciónSal. baseAntigüidadeTransporteTotal ano

Ana López García147.3144.6006.1002.419.156
Susana Nieto Alfon.108.1942.3006.1001.778.850
Concepción Pena V.117.1764.6006.1001.953.257
Dolores López Len.111.4312.3006.1001.828.891
Mª Pilar G. Pérez141.5692.3006.1002.294.790

Almacén
Antonio Suárez Vázquez104.7234.6006.1001.760.742
José Veira Mosquera109.0016.1001.755.762

Vendas
Antonio G. Bellón150.6972.3006.1002.292.003
Ramón G. Vázquez132.4762.3006.1002.154.218
Andrés Couto Cagiao78.3252.3006.1001.317.100

Totais1.200.90627.60061.00019.615.769