Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.410

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia das revisións dos convenios colectivos de ámbito provincial para os sectores de comercio de materiais de construcción, edificación e obras públicas e materiais e prefabricados de construcción.

Visto o texto do acordo asinado o día 31-1-1996, pola comisión paritaria dos convenios colectivos para os sectores de comercio de materiais de construcción, edificación e obras públicas e materiais e prefabricados de construcción (códigos 2700175, 2700255 e 2700395), da provincia de Lugo, integrada pole representación da Asociación de Empre

sarios de Construcción e das centrais sindicais UGT, CC.OO, USO e CIG, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1996, no ámbito dos referidos convenios, así como a revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispone-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de marzo de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta

-Asistentes.

Adolfo Mosteirín Turia. UGT.

Alfonso García Capón. UGT.

Ánxel Barreiro Pérez. CC.OO.

Jesús Varela Lodeiro. CC.OO.

Mª Carmen Arias Río. USO.

Mª Carmen Antas Pérez. CIG.

-Representación APEC.

Hipólito Trinidad Losada.

Ricardo Castro López.

Manuel Roca Lage.

José Juan Meijide Calvo.

Na cidade de Lugo, ás 18 horas do día 31-1-1996, reúnense na sala de xuntas da sede de empresarios da construcción de Lugo, os representantes das centrais sindicais, UGT, CC.OO, USO, CIG e a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción que se citan, como membros da comisión mixta dos convenios de edificación e obras públicas, materiais prefabricados de construcción e comercio de materiais de construcción, co obxecto de trata-la seguinte orde do día.

Único. Elaboración do calendario laboral dos convenios de edificación e obras públicas e materiais prefabricados de construcción e comercio de materiais de construcción para o ano 1996, e revisión salarial da cláusula de garantía salarial establecido no acordo sector nacional.

Aberto o acto, despois da breve de deliberación acordan:

1. Aproba-lo calendario laboral para os convenios referidos correspondente o ano 1996, que se fixa en documento anexo. Así mesmo, acórdase aproba-lo aboamento das cantidades que se citan no anexo, por aplicación da cláusula de garantía salarial do 0,50%, calculado sobre os salarios vixentes ó 31-12-1994, para o ano 1995, que se farán efectivas nunha soa paga dentro dos dous meses seguintes á súa publicación no DOG.

En proba de conformidade co exposto, asina o presente documento e anexo no lugar e data indicados no encabezamento.

Paga a aboar dunha soa vez nos dous meses seguintes a publicación no DOG, por aplicación da cláusula de garantía salarial do convenio xeral do sector construcción ó convenio colectivo provincial de comercio de materiais de construcción e saneamento dos conceptos salariais e extrasalariais.

CategoríasNiveisPaga que hai

que aboar

Encargado xeralII ó IV7.670
E. xeral establecementoV7.195
Ofc. Administr. 1º e outrosVI6.717
Capataz e outrosVII6.401
Oficial 1ª e outrosVIII6.352
Oficial 2ª e outrosIX6.236
Axudantes e outrosX5.715
Peón especialista e outrosXI5.690
Peón ordinario e outrosXII5.380

Paga a aboar dunha soa vez nos dous meses seguintes á publicación no DOG, por aplicación da cláusula de garantía salarial do convenio xeral do sector construcción ó convenio colectivo provincial de edificación e obras públicas sobre os conceptos salariais e extrasalariais.

CategoríasNiveisPaga que hai

que aboar

Titulado superior e outrosII ó IV7.072
Capataz e outrosV6.958
Oficial 1ª e outrosVIII6.769
Oficial 2ª e outrosIX6.666
Axudantes e outrosX6.502
Peón especialista e outrosXI6.413
Peón ordinario e outrosXII6.274

Paga a aboar dunha soa vez nos dous meses seguintes á publicación no DOG, por aplicación da cláusula de garantía salarial do convenio xeral do sector construcción ó convenio colectivo provincial de materiais e prefabricados para a construcción sobre os conceptos salariais e extrasalariais.

CategoríasNiveisPaga que hai

que aboar

Titulado superiorII8.622
Titulado medio e outrosIII8.361
Encargado xeralIV7.653
Encargado fábricaV7.389
Ofc. Administr. 1º e outrosVI7.157
Capataz e outrosVII6.903

CategoríasNiveisPaga que hai

que aboar

Oficial 1ª e outrosVIII6.857
Oficial 2ª e outrosIX6.513
Axudantes e outrosX6.419
Peón especialista e outrosXI6.395
Peón ordinario e outrosXII6.297