Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua FCC UTE Ley 18/1982 (Redondela UTE).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Seragua FCC UTE Ley 18/82 (Redondela UTE), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-5-1996, subscrito, en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 6-5-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo anos 1996-1997-1998

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da UTE Seragua-FCC, concesionaria do servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga de Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996 (1-1-1996) sexa cal for a data da súa publicación. Terá unha vixencia de tres anos, que finalizará o 31 de decembro de 1998, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó termo da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efectuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Ano 1996. Salario base convenio: é o fixado na táboa anexa I.

Ano 1997. Salario base é o fixado na táboa salarial do ano 1996 incrementada no IPC previsto polo Goberno para o ano 1997 máis 1 punto.

Cláusula de revisión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrara ó 31-12-1997 un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 1997 máis 1 punto, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia.

Ano 1998. Salario base é o fixado na táboa salarial do ano 1997 incrementada no IPC previsto polo Goberno para o ano 1998 máis 1 punto.

Cláusula de revisión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrara ó 31-12-1998 un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 1998 máis 1 punto, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán, en concepto de antigüidade, as cantidades establecidas na táboa anexa II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou o segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha delas dunha mensualidade, calculada sobre o salario base máis a antigüidade, sendo efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e o 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreMes aboamento

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xullo, agosto, setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso, ou o que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Indéntico criterio se aplicará para o persoal que ingreso ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Plus de toxicidade.

O plus por traballos tóxicos fíxase no vinte por cento (20%) do salario base fixado na táboa de salarios (anexo I) de cada categoría.

Aplicaráselle, cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento o saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Ano 1996. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de oito mil trescentas corenta e catro pesetas (8.344 ptas.) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de plus de distancia. O plus de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Anos 1997 e 1998. Aplicarase o mesmo criterio de revisión có establecido para o salario base.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores con funcións que leven implícitas o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores no ano 1996 a cantidade de catro mil cento setenta e dúas pesetas (4.172 ptas.) por mes efectivamente traballado.

Anos 1997 e 1998. Aplicarase o mesmo criterio de revisión có establecido para o salario base.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que hai que executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa III.

Artigo 12º bis.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de vintenove pesetas por quilómetro (29 ptas./km) para os anos 1996 e 1997, sendo de 30 pesetas por quilómetro (30 ptas./km) para o ano 1998. Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Persoal de garda semanal.

Ó principio de cada semana (luns) entrará de garda un traballador para a rede e outro para o mantemento de equipos.

Os seus labores de vixilancia, reparación e mantemento comezarán ó termina-la xornada laboral ordinaria e estenderase durante toda a semana, ata o inicio da seguinte.

As fins de semana e días festivos o traballador de rede permanecerá no servicio, durante o horario laboral, realizando os labores de vixilancia e mantemento que se produzan durante estes días.

Os dous traballadores de garda portarán durante a semana un localizador, onde recibirán os avisos das emerxencias que se produzan tanto na rede como nos equipos existnetes no servicio, debendo acudir, coa prestancia suficiente, ós ditos avisos.

As gardas semanais, de acordo coa anteriormente descrito, serán obrigatorias e rotativas entre todo o persoal afecto ó cadro de persoal.

A prima por este servicio de garda semanal será o seguinte:

Persoal de rede: ano 1996, 4.000 ptas./día; ano 1997, 4.300 ptas./día; e ano 1998, 4.500 ptas./día por sábado, domingo ou festivo traballado e o mesmo tempo de descanso na semana posterior á garda. Ano 1996, 3.500 ptas./semanais; ano 1997, 3.800 ptas./semanais; e ano 1998, 4.000 ptas./semanais en concepto de dispoñibilidade, ademáis da remuneración das horas extras efectivamente traballadas fóra do horario laboral.

Persoal de mantemento de equipos: ano 1996, 3.500 ptas./semana; ano 1997, 3.800 ptas./semana; e ano 1998, 4.000 ptas./semana, en concepto de dispoñibilidade, ademais da remuneración das horas extras efectivamente traballadas fóra do horario laboral.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais (40 h) distribuídas segundo o seguinte horario:

-De luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

-Os días de Noiteboa (24 de decembro) e fin de ano (31 de decembro), o horario de traballo será de 9 a 14 horas.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro e abril e o trinta de setembro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado. Sen embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente o servicio ou sección ó que estean asignados.

A retribución en período vacaciones será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da Patroa. Se o primeiro de xuño fora día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

-15 días naturais en caso de matrimonio.

-2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais por nacemento de fillo.

-2 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

As licencias enténdese vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Anticipos reintegrables.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola dirección da UTE.

A forma de armotización será:

-Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

-Dúas mensualidades para amortizar en vintecatro meses.

Establécense duascentas mil pesetas como cantidade máxima que se pode solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables, aqueles traballadores que non o solicitasen nunca, ou que, de o teren feito, deixasen transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará para este fin as cantidades de:

Ano 1996: cincocentas vintecinco mil (525.000) pesetas.

Ano 1997: cincocentas cincuenta mil (550.000) pesetas.

Ano 1998: cincocentas setenta e cinco mil (575.000) pesetas.

Considéranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19º.-Fondo social.

O importe do Fondo Social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc. será para cada un dos anos 1996, 1997 e 1998 de cento sesenta e cinco mil (165.000) pesetas respectivamente, con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía que se aplique en cada caso, por proposta do delegado sindical.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Pantalón: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaquetiña e pantalón: 2 ó ano.

-Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Guantes de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Funda de traballo: 2 ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigratoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para a roupa de inverno e o un de xuño para a roupa de verán.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.500.000 ptas.

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.000.000 de ptas.

Artigo 22º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT, derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

De igual forma, establecerase ata o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e en tanto dure a mesma. A dita situación deberase acreditar de maneira que faga fe para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 23º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, con ou sen a categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo o seu cometido a función que lle foi asignada, se lle retirase provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectaralle a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ó termo da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa de retirada do permiso de conducir se debese a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 24º.-Seguridade e hixiene.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes na prevención de accidentes, engádese este capítulo. Considerando ámbalas partes a obriga de aplica-la lexislación sobre seguridade e hixiene vixente, para este efecto, a dirección e a representación legal dos traballadores velará polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias.

Todo traballador será recoñecido polo menos unha vez ó ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar do traballo, das instalacións

e medios que pon a disposición dos traballadores. Estas medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, obrigándose a traballar cos medios facilitados así como coidar que os locais e instrumentos de traballo se encontren en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento da dirección da empresa as anomalías que se detecten para que esta adopte as medias oportunas.

Artigo 25º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes por cota sindical.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa.

O representante da dirección da empresa e a representación dos traballadores deberán ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 27º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, haberá que aterse ó que dispoña a ordenanza de traballo das industrias de captación, elevación, conducción, tratamento e distribución (aguas), Estatuto dos traballadores e demaisn normas vixentes aplicables.

Cláusula adicional.

Os traballadores que demostrasen as súas capacidades profesionais, idoneidade para o posto e dedicación mediante un contrato temporal previo, unha vez finalizado este, formalizaráselles un contrato de obra ou servicio determinado polo período de tempo que dure a concesión do servicio.

Definición de categorías

Persoal técnico e administrativo.

Xefes de servicio.

Son os que, posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) da explotación.

Oficiais de segunda Admtvos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun xefe

ou oficial, desempeñan traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobramento, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares Admtvos.

Son os que lles axudan ós seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos aboados nos rexistros da empresa ou entidade e libretas ou outros medios que están en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de libretas de aboados e similares, de acordo coas normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo darlles conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Candon non realicen o seu traballo normal de lectura poderánselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, podendo efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario.

Oficiais de primeira.

Son os que, posuíndo un oficio determinado, o practican e aplican con tal grao de perfección que no só lle permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción ou da rede de distribución, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento dos labores que os mesmos efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ó ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos acordes coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos dunha especialidade a executan e lles axudan ós oficiais.

Peóns.

Son os obreiros que para o desempeño das súas funcións só achegan o seu esforzo físico e non precisan práctica previa nin coñecementos de especialidade ningunha.

TÁBOA ANEXA I

RETRIBUCIÓNS

Persoal técnico e administrativo

Xefe de servicio141.603 ptas.

Oficial 2º administrativo118.121 ptas.

Auxiliar administrativo 73.157 ptas.

Lector 73.157 ptas.

Persoal operario

Oficial 1º operario119.744 ptas.

Oficial 2º operario116.946 ptas.

Oficial 3º operario 92.288 ptas.

Peón especialista 75.043 ptas.

Peón 72.856 ptas.

TÁBOA ANEXA II

ANTIGÜIDADE

Categorías:

1 bienio: 1.700 mes.

2 bienios: 3.400 mes.

2 B. e 1 Q.: 7.600 mes.

2 B. e 2 Q.: 12.000 mes.

2 B. e 3 Q.: 16.000 mes.

2 B. e 4 Q.: 20.000 mes.

TÁBOA ANEXA III

VALOR HORA EXTRA

H. extraH.E. Noct.H.E. Fest.

Persoal administrativo

Oficial 2º administrativo

1.3001.4501.600
Auxiliar administrativo1.0251.1501.300
Lector1.0251.1501.300

Persoal operario

Oficial 1º operario

1.5001.6501.800
Oficial 2º operario1.3001.4501.600
Oficial 3º operario1.0251.1501.300
Peón especialista 9751.1001.200
Peón 9751.1001.200

Acta final

Asistentes:

Pola parte económica:

Alberto Gutiérrez Montoliú

Andrés F. Mariño Vilar

Antonio Carballido Parga

Pola parte social:

Antonio Castiñeiras Vázquez

Asesor:

Manuel Lores Lago

Antonio A. Rey Breijo

Reunidos na Sede Social da Delegación en Vigo, r/ Uruguai, 11, a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo, composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se xunta, e en proba de conformidade, asinan a presente acta o seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

4849