Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 xuño 1996 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 1996 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994 e 1995.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994 e 1995 os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Mibor durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 1996 para os préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994 e 1995 serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 9,90%.

Préstamos do convenio 1993: 9,20%.

Préstamos do convenio 1994: 9,20%.

Préstamos do convenio 1995: 9,20%.

Segundo.-As entidades financeiras comunicaranlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-En ningún caso o tipo de xuro do préstamo con cargo ó beneficiario poderá ser inferior ó límite mínimo fixado nos respectivos convenios.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

4907