Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de Industrias de Panificación.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector Industrias de Panificación, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-1996, subscrito

en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Industriales de la Panificación da provincia de Pontevedra (Aproinpa), e da parte social, pola central sindical CC.OO., en data 12-3-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Aproinpa

Convenio colectivo sector de Industrias

de Panificación

Provincia de Pontevedra

Ano 1996

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e abrangue nel a tódalas industrias e traballadores que se rexan pola Regulamentación nacional de traballo de panaderías, normativa laboral subsidiariamente aplicable en todo o non previsto no presente convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1996.

O presente convenio terá unha duración dun ano, e rematará os seus efectos o día 31 de decembro de 1996, prorrogándose automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes cunha antelación de tres meses polo menos, ó termo da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Retribucións.

As retribucións salariais son as que para cada categoría profesional se fixan na táboa salarial anexa, os cales foron calculados segundo un incremento do 4,5%

sobre a táboa salarial publicada co convenio de 1993. Os ditos salarios servirán de base para o cálculo de tódalas percepcións que sinala o presente convenio.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Co fin de fomenta-la vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servicios dentro da propia empresa para todo o persoal afectado pola regulamentación, nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre a retribución base.

Para o cómputo da antigüidade para efectos dos aumentos periódicos, terase en conta a totalidade dos anos en servicios prestados dentro da empresa calquera que sexa a categoría ou grupo profesional no que o traballador estea encadrado, se ben o dito cómputo, para estes efectos, se iniciará desde a entrada en vigor da Regulamentación de traballo (Orde do 20 de agosto de 1968, BOE do 9 de setembro).

Os traballadores que ascenden de categoría ou cambian de grupo percibirán sobre o salario base daquela a que incorporen os aumentos periódicos por antigüidade que lles corresponda, de conformidade co precedente, calculados todos eles sobre o novo salario base.

Artigo 5º.-Plus de iniciación de xornada.

Naquelas empresas nas que habitualmente se anticipe o comezo da xornada do persoal de obrador, as horas anticipadas serán aboadas cada unha delas cun importe de 375 ptas. agás dereitos adquiridos de maior contía.

Non se poderá anticipa-la entrada ó traballo en máis de dúas horas diarias, con excepción daqueles días nos que a elaboración sexa dobre, nos que poderá anticiparse ata un máximo de catro horas, sen que en ningún caso exceda das doce da noite.

As empresas procuraránb que o anticipo de xornada se efectúe de forma rotativa entre o persoal afectado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

As licencias e permisos que a empresa poderá concederlles ós traballadores serán as que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo II ó presente convenio.

A empresa concederá licencia non retribuída durante un día, como máximo, ó ano, sempre que se solicite con tres días de antelación, como mínimo, antes da data do seu desfrute e non concorra a solicitude e licencia coa doutro traballaodr da mesma sección ou departamento.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute dunha vacación anual de trinta días naturais.

Artigo 8º.-Xornada e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán das 0 horas do luns ata as 22 horas do sábado.

Tódolos traballadores descansarán en cumprimento do establecido no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, os domingos e festivos, e ademais desfrutarán dun día de descanso durante a semana.

A teor do previsto neste artigo, os traballadores afectados polo presente convenio non traballarán os domingos e destivos. Así mesmo, as empresas afectadas por este convenio non fabricarán nin distribuirán pan en domingos e festivos. Nos casos de existencia de dous ou máis días festivos consecutivos consideraranse como traballo un deles afectando prohibición ó outro, elixidos segundo as necesidades de producción. Tomaranse como festivos os propios domingos para a aplicación do presente artigo.

Á marxe do descrito anteriormente e co fin de facilita-la adaptación á normativa sobre comercio interior, autorízase a apertura de oito domingos ou festivos ó ano, segundo dispoña a autoridade de comercio correspondente a requirimento das organizacións empresariais.

Para efecto de seguimento e control específico deste artigo, ámbalas partes acordan reunirse, logo de convocatoria, e cando se considere necesario para contrasta-lo seu cumprimento e medidas tomadas para o efecto.

Entran nesta obligatoriedade do cumprimento deste artigo, tódalas panaderías da provincia, sen ningunha excepción.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

Para efectos das pagas extraordinarias de xullo, Nadal e San Honorato, consistirán nunha mensualidade de salario realmente percibido para cada unha delas; isto é a media dos incentivos devengados no último trimestre inmediatamente anterior ó mes do seu pagamento (mecanización, semimecanización salario base, antigüidade e anticipo de hora, cando proceda).

Con efectos exclusivos para o exercicio de 1996 establécese unha paga extraordinaria anual de vinte mil pesetas (20.000 ptas.) brutas, sen ningún outro tipo de complemento salarial, para o todo o persoal afecto ó presente convenio, que estivese de alta nela durante todo o exercicio de 1995 a xornada completa, rateándose nos casos nos que entrase noutra data calquera do ano 1995 e/ou a súa xornada fose completa. Farase efectiva no mes de abril.

Tal paga extraordinaria ten a consideración de compensación polo incremento salarial correspondente ó exercicio de 1995 e polo tanto incluído no incremento mencionado no artigo 3º do convenio; dela deberán descontarse, se é o caso, os incrementos salariais habidos no citado exercicio, para cada traballador en concreto.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte na contía de 465 pesetas por día de traballo efectivo, para todo o eprsoal.

Artigo 11º.-Retribución en especie.

Ademais da remuneración en metálico e sen que se compute como salario, tódolos traballadores recibirán 1 kg de pan cada día de traballo, así como os descansos semanais, días de festa non recuperables, días de vacacións e días en situacións de ILT, que deberá ser de calquera das pezas comerciais que a empresa fabrique e nunca elaborado especialmente para os traballadores.

O valor deste suplemento alimenticio non se computará para a determinación do salario en gratificación, aumentos por antigüidade nin para o fondo do plus familiar.

Artigo 12º.-Aplicación máis favorable.

Os preceptos do presente convenio aplicaranse no sentido máis favorable para o traballador, sen que en ningún caso se menoscaben aquelas situacións máis beneficiosas que poidan existir por concesión graciable da empresa.

Artigo 13º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que se propoña cesar voluntariamente no servicio dunha empresa, haberá de comunicarllo ó xefe desta, polo menos con quince días de anticipación á data na que se teña que deixar de prestar servicio.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de avisar coa indicada antelación, dará dereito á empresa a descontar da súa liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Artigo 14º.-Complemento por ILT.

No caso de incapaciddade laboral transitoria, as empresas aboaranlle ó seu persoal o 100% do seu salario (salario máis complementos), durante o tempo que dure a hospitalización do traballador afectado, se fose necesaria aquela e logo de xustificación dela.

Igualmente complementarán ata o citado importe as bnaixas de ILT motivadas por accidente de traballo.

Nos demais supostos aboarase o subsidio de ILT na súa contía legal.

Artigo 15º.-Festividade de San Honorato.

Establécese como festa do patrón con carácter aboable e non recuperable o día 16 de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 16º.-Seguro por accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán subscribir no prazo de dous meses, a partir da súa sinatura, unha póliza de seguro colectivo con primas íntegras ós eu cargo, que cubran as seguintes indemnizacións.

Accidente laboral ou común, como resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou gran inva

lidez, por un capital de 1.500.000 pesetas (un millón cincocentas mil pesetas).

As indemnizacións faranse efectivas ó traballador afectado ou ós seus habentes causa.

Artigo 17º.-Semimecanización.

Os traballadores da sección de obradoiro afectados polo presente convenio percibirán en concepto de semimecanización o 15% de incremento sobre os alario base.

Artigo 18º.-Complemento retributivo en días festivos ou descansos.

A retribución nos supostos de realización de traballo en días de descanso, así como a retribución dos días festivos que se traballen ou se anticipe a súa producción, efectuarase aplicando o módulo habitual de retribución (salario base, antigüidade, plus de mecanización e anticipo de horas cando proceda), un coeficiente do 55% de incremento.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a facilitarlles ós seus traballadores ó inicio de cada semestre natural unha bata ou pantalón e chaquetiña ou roupa similar máis adecuada ó posto de traballo; o seu uso será obrigatorio.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual que se realizará en calquera caso a cargo da empresa.

Artigo 21º.-Formación profesional.

As partes asinantes do presente convenio acordan promover cantas accións sexan necesarias encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional dos traballadores.

En tal sentido e, como primeira decisión ó respecto, as empresas afectadas polo presente convenio comprométense a que as ensinanzas previstas como obrigatorias no Real decreto 1992/1984, para os contratos para a formación, poidan realizarse, mentres o dito centro de formación subsista, na escola de formación profesional existente na Asociación de Industriais de Panificación.

Así mesmo, os títulos e acreditacións que emita a dirección académica da escola de formación profesional en relación dos traballadores que nela se formen, terán o valor de certificado para os efectos do previsto no artigo 10 do Real decreto 1992/1984.

Artigo 22º.-Contratos de duración determinada (artigo 15.1.B) EE.TT.

Para efectos do disposto no Real decreto 2546/1994, sobre contratos de duración determinada, cando os contratos se concerten para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, neste suposto a duración máxima do contrato poderá ser de 18 meses dentro dun período de 24 meses.

Noc aso de que se concerten por un período inferior a 18 meses, este poderá ser prorrogado, de común afcordo entre as partes, ata o topo máximo descrito.

Artigo 23º.-Comisión mixta do convenio.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes neste convenio, crearase a comisión mixta de vixilancia ou interpretación, correspondendo a súa presidencia da comisión deliberadora do convenio ou persoa en quen delegue, e composta ademais por catro empresarios e igual número de traballadores.

Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas privativas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada e concreta, recoñecida na normativa dos convenios colectivos.

Acórdase que se reunirán tódolos primeiros mércores de cada mes ás 19 horas.

Artigo 24º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio coelctivo de ámbito provincial para o sector de industria da panificación é subscrito pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa) e a central sindical Confederación Sindical de Comisións Obreiras, de conformidade co artigo 85, apartado A, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Táboa salarial en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1996

Categoría profesionalSalarios

Técnicos:

Xefe de fabricación82.109
Xefe de taller mecánico80.388

Categoría profesionalSalarios

Administrativos:

Xefe de oficina e contabilidade82.109
Oficial administrativo74.093
Auxiliar de oficina69.798
En panaderías totalmente mecanizadas:ptas./día

Axudante encargado2.328
Amasador2.328
Axudante amasador2.328
Especialista, fogoneiro, encendedor oficial2.328
Mecánico de 1ª2.328
Mecánico de 2ª2.328
Mecánico de 3ª2.328
Peón2.328
Nas restantes panaderías:ptas./día

Mestre encargado2.456
Oficial de pa2.456
Oficial de masa2.391
Oficial de mesa2.340
Axudante2.340
Aprendiz de primeiro ano1.627
Aprendiz de segundo ano1.769
Dos servicios complementarios:Ptas./día

Maiordomo2.328
Chofer2.444
Vendedor en establecemento2.328
Transportador de pan a despacho2.328
Repartidor a domicilio2.328
Persoal de limpeza:ptas./hora

Persoal de limpeza336

Permisos e licencias concedidas ós traballadores

Conceptos que se percibirán

Motivos da licenciaTempo máximoSal.Ant.Anti.xor.Semimec.P.Transp.C.volunt.

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, irmáns e pais políticos4 días naturaisSiNoNota necrolóxica e/ou documento no que se acredite o parentesco

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós3 días naturaisSiNoCertificado médico. Deberá constar especificación gravidade

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos1 día naturalSiNoNota necrolóxica e/ou documento acreditativo do parentesco

Nacemento de fillo3 días laboraisSiNoLibro familia ou certificación do xulgado

Matrimonio do traballador15 días naturaisSiNoLibro de familia ou certificación do xulgado ou igrexa

Matrimonio de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiNoCertificado do xulgado ou igrexa, sempre que acredite parentesco. Invitación

Motivos da licenciaTempo máximoSal.Ant.Anti.xor.Semimec.P.Transp.C.volunt.

Traslado de domicilio habitual1 día laborableSiNoCertificado do Servicio de Empadroamento. Documento fidedigno que o acredite

Enfermidade e consulta médica. Consulta a especialista SOE prescrita por médico medicina xeralPolo tempo

necesario.

Máximo

5 horas/día

SiNoCopia volante médico. SOE xustificante asistencia especialista

Consulta médica, medicina xeral4 horas/día máximoSiNoCertificado médico ou similar

Enfermidade con baixa oficial3 primeiros díasSiNoParte de baixa

Accidente de traballoDía do accidenteSiXustificante Srv. médico. Mutua patronal

LactanciaO que proceda

legalmente

SiNoCertificado de nacemento

Carga sindical ou públicoO que proceda

legalmente

SiO que proceda en cada caso

Licencia de carácter persoal1 día o anoNoNoNoNoNoNoSolicitude á empresa con antelación mínima de 3 días. Con ulterior xustificación

Chamada ó servicio militar obrigatorio ou voluntarioPolo tempo

necesario

SiNoXustificante de incorporación a filas

9603871