Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de panaderías da provincia de Lugo.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector de panaderías da provincia de Lugo (código 2700425), asinado o día 16 de febreiro de 1996, pola representación da asociación de empresarios e polas centrais sindicais UGT, USO, CC.OO e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de marzo de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes.

Pola asociación de empresarios de panaderías da provincia de Lugo:

-Roberto López García-Rubén Chousa Vázquez-Jesús Arias Fernández-José Manuel García Díaz

Polas centrais sindicais:

UGT(1)

-Fernando Teijeiro Valledor

USO(1)

-Manuel Expósito López

CC.OO.(1)

-Manuel Núñez López

CIG(1)

-Mª del Carmen Antas Pérez

ACTA

En Lugo, sendo as 12 horas do día 16 de febreiro de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 13 do vixente convenio colectivo de panaderías da provincia de Lugo, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no parágrafo segundo do artigo 23 do convenio colectivo de panaderías da provincia de Lugo.

Despois das deliberacións pertinentes adoptanse por unanimidade os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-la táboa de atrasos do convenio con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995.

Segundo.-Os atrasos por diferencia de salarios aprobados por medio da presente reunión faranse efectivos no prazo de dous meses contados desde a publicación desta acta no diario oficial correspondente.

Terceiro.-Aproba-la táboa de salarios do ano 1995 que servirá de base para aplica-lo incremento salarial que se pacte para o convenio colectivo de panaderías da provincia de Lugo do ano 1996.

Cuarto.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.

Táboa de atrasos convenio provincial de panaderías de Lugo

Categoría profesionalS.base

día

Xornada

espec.

PanTotalTot.

anual

Mestre encargado1732229.441
Oficial de Pa1732229.441
Oficial de Masa1732229.441
Oficial de Mesa1732229.441
Axudante1722219.286
Peón1722219.286
Transporte pan despacho1722219.361
Repartidor1722219.361
Vendedor despacho1722219.036

Muller de limpeza:............... Segundo horas e lexislación vixente

Aprendiz...............................Segundo lexislación vixente

Antigüedade..........................A que corresponda en cada caso para as categorías

96-3280