Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Envases La Estrella, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Envases la Estrella, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15-3-1996 e completada a documentación o 16-4-1996 suscrito en represenación da parte económica pola empresa, e, a parte social polo delegado de persoal o día 16-4-1996 de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio para a empresa Envases La Estrella, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

El presente convenio será de aplicación á empresa Envases da Estrella, S.L., dedicada á distribución e alugueiro de envases para peixe.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será dun ano, iniciando a súa vixencia e en toda a súa totalidade o primeiro de xaneiro de 1996.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia do convenio.

O presente convenio será prorrogado tacitamente ó seu vencemento, por sucesivos períodos dunha anualidade, a non ser que se denuncie para a súa revisión cun mínimo de tres meses antes do seu vencemento ou do dalgunha das súas prórrogas.

A denuncia deberá de comunicárselle á outra parte por escrito e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 4º.-Gratificacións extraordinarias.

Estableceranse dúas pagas extraordinarias ó ano que se farán efectivas o 15 de xullo e o 22 de decembro.

As dúas pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base.

Artigo 5º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 7.325 ptas. mensuais.

Artigo 6º.-Festivos e nocturnidade.

Por ser esta unha empresa dun sector moi peculiar, no salario base que se pacta no presente convenio inclúese o labor de servir caixas ós barcos en domingos e festivos, labor este que se efectuará por quendas rotativas, tal e como se vén efectuando ata a data e o servicio nocturno ós barcos. O salario dos traballadores será o pactado neste convenio sexa cal sexa a súa xornada, sempre que non se superen as 40 horas semanais marcadas pola lei.

Artigo 7º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores ós 65 anos, salvo pacto entre empresa e traballador, sempre que teña dereito a percibir unha pensión. De non ser así, poderá continuar na empresa ata que se xere o dereito á prestación.

Este artigo negociarase no caso de que por disposición de rango superior se reducise a idade da xubilación.

Os traballadores, por pacto de empresa, poderán acollerse á xubilación especial ós 64 anos, segundo o disposto no Real decreto.

Artigo 8º.-Plus de antigüidade.

Consistirá na percepción do 5% do salario base por cada quinquenio e empezará a conta-la dita antigüidade a partir do 1 de xaneiro de 1992 ou no momento de ingresar na empresa para tódolos traballadores que entren a partir do 1 de xaneiro de 1992.

Artigo 9º.-Seguro de invalidez ou morte.

A empresa contratará un seguro colectivo de invalidez ou morte en accidente de traballo para tódolos traballadores, cunha contía de 1.000.000 de ptas.

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, agás que por norma de rango superior se cambiara a dita xornada.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán dun período de trinta días naturais de vacacións.

Artigo 12º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

Artigo 13º.-Garantías sindicais.

A empresa respectará o dereito dos traballadores a sindicarse libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de máis de trinta traballadores, poderán acumularse para ser desfrutadas por un ou varios de entre os interesados, notificando á dirección da empresa, con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate e sempre que non supoña alteración grave do réxime laboral desta.

Táboas salariais para 1996.

Salario base73.242 ptas. mensuais.

Plus de transporte7.325 ptas. mensuais.

Salario anual1.113.272 ptas. anuais.

Disposición adicional

1. O convenio afectará ó centro de traballo que Envases La Estrella S.L., ten no porto da Coruña.

2. A comisión paritaria do convenio estará composta por Diego Vázquez, por parte empresarial e, en representación dos traballadores, por Inocencio González Seoane.

3. Promoción e formación profesional no traballo.

1. O traballador terá dereito:

a) O desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, se tal é o réxime instaurado na empresa, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

b) A adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou a concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional con reserva do posto de traballo.

4774