Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 257/1996, do 14 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Vilalba (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de pavimentación e servicios básicos dos accesos ó centro de saúde.

O Concello de Vilalba (Lugo), en sesión celebrada o día 22 de setembro de 1995, acordou aproba-lo proxecto de pavimentación e servicios básicos dos accesos ó centro de saúde e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O Concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de marzo de 1996 baixo o número 2513.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de abril 1996, nº 3741.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque:

1. Os viais de referencia constitúen as vías de acceso ó novo centro de saúde e as súas obras foron recentemente adxudicadas pola Consellería de Sanidade, sendo así que a construcción das ditas vías resulta absolutamente imprescindible para o fun cionamento do dito centro, sendo necesaria a ocupación urxente dos terreos, pois do contrario, resultaría imposible a súa terminación cando o nomeado centro de saúde, entre en servicio.

2. Tratarse de vías de nova apertura que configuran a trama urbana máis céntrica, pendente de desenvolver, cunha extensión de terreo de máis de 7 áreas e que comunica á zona coa estrada de Vilalba a Meira e coa de Vilalba a Mondoñedo, arterias principais da vila.

3. A obrigatoriedade imposta nas normas subsidiarias de planeamento municipal de estaren executados estas vías para poder desenvolverse os correspondentes estudios de detalle, neste caso, os números 18, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27 y 28.

4. O consecuente retraso na adquisición de terreo para equipamentos públicos correspondentes ás cesións destes estudios de detalle ó non poder desenvolver estes.

5. Estar incluídas ámbalas obras no plan de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal, polo que debe rán estar terminadas antes do 31 de decembro de 1996.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación polo Concello de Vilalba (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución

das obras do proxecto de pavimentación e servicios básicos dos accesos ó centro de saúde.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil no vecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4845