Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.319

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 256/1996, do 20 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Modificada a estructura orgánica da Xunta de Galicia, polo Decreto 212/1996, do 6 de xuño, que crea a Consellería de Cultura e Comunicación Social, e establecidos os seus centros directivos polo Decreto 237/1996, do 14 de xuño, procede determina-la estructura orgánica e funcional desta consellería, atendendo ós principios de economía e eficacia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, co informe previo das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, en uso das súas atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Cultura e Comunicación Social é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponden as competencias en materia de promoción cultural, patrimonio cultural, comunicación, telecomunicacións, audiovisual e multimedia e tódolos aspectos vinculables ó Camiño

de Santiago, segundo o establecido no Estatuto de Autonomía.

Artigo 2º

A Consellería de Cultura e Comunicación Social desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

I. O Conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

IV. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

V. A Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

VI. Os órganos colexiados.

VII. As delegacións provinciais.

I. O Conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

II. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un. A secretaría xeral exercerá as funcións sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, ademais das que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Exercerá as funcións de xestión de todo o persoal, a coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control, a organización do rexistro e os demais aspectos relacionados co réxime interior.

Estructurase nas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Persoal.

1.2. Servicio de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria.

1.3. Servicio de Obras e Contratación.

1.4. Servicio de Supervisión de Proxectos.

1.5. Servicio Técnico Xurídico.

2. Dependendo organicamente da secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

a) Intervención delegada.

b) Asesoría xurídica.

3. Dependendo organicamente da secretaría xeral e, funcionalmente, do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirá a seguinte unidade:

1. Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.

Un. Correspóndelle á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de promoción do Camiño de Santiago e, especialmente, exercerá as seguintes funcións:

a) A promoción do Camiño de Santiago, incluídas as actividades de animación.

b) A xestión da imaxe corporativa do Xacobeo que redunde na promoción do Camiño de Santiago, así como a elaboración e publicación de estatísticas sobre o Camiño de Santiago.

c) A rede de albergues e o complexo do Monte do Gozo.

d) A promoción de aloxamentos relacionados co Camiño de Santiago.

e) As relacións sobre o Camiño de Santiago cos concellos e institucións relixiosas.

f) A promoción da artesanía e o deseño relacionados co Camiño de Santiago.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago estructúrase da seguinte forma:

1. O xerente de Promoción do Camiño de Santiago con rango de subdirector xeral.

Contará co seguinte servicio:

1. Servicio de Promoción do Camiño.

III. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

Artigo 5º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Promoción Cultural a dirección e coordinación das actuacións da Consellería en materia de promoción cultural, do libro e bibliotecas e, especialmente, exercerá as seguintes funcións:

a) A promoción das relacións culturais en Galicia, e o apoio ás casas de cultura, centros e entidades socio-culturais.

b) A colaboración no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas.

c) A posta en práctica de medidas de apoio para os artistas.

d) O establecemento de canles de información e promoción da investigación no eido cultural.

e) A organización ou colaboración nas exposicións, congresos e coloquios e cursos de formación, así como a proposta de convocatoria de bolsas e axudas, en relación coas devanditas materias.

f) A preparación de convenios sobre estas mesmas materias.

g) O estímulo da creación literaria e as publicacións.

h) A elaboración de plans respecto da política do libro de acordo coas necesidades culturais de Galicia.

i) A posta en práctica de medidas de apoio para os escritores.

j) A tramitación das solicitudes no rexistro da propiedade intelectual e a xestión do depósito legal.

k) As autorizacións para a realización de feiras e exposicións do libro e de material bibliográfico.

l) A orientación do servicio público da lectura para difundi-la cultura por medio do libro.

m) A organización e aprobación dos expedientes de creación de novas bibliotecas ou servicios bibliotecarios, dos seus regulamentos e concertos, a organización de cursos de formación de bibliotecarios.

n) A organización ou colaboración nas exposicións, congresos, coloquios e cursos de formación, así como a convocatoria de bolsas e axudas, e a preparación de convenios sobre as devanditas materias do libro e bibliotecas.

o) A programación e realización de exposicións relacionadas coas principais tendencias e ámbitos da creación artística contemporánea e, moi especialmente, da creación artística nacida ou relacionada con Galicia.

p) A potenciación e incentivación da creación artística no eido das artes plásticas e outras que se entenden como pertencentes á arte contemporánea.

q) A contribución á formación técnica e artística daqueles que se dediquen ás artes plásticas e outras que se entendan como pertencentes á arte contemporánea.

r) A dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción Cultural estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Promoción Cultural e do Libro e Bibliotecas.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación e execución das funcións da Dirección Xeral de Promoción Cultural no campo da promoción, a difusión cultural, o libro e as bibliotecas.

Contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Promoción e Difusión Cultural.

1.2. Servicio do Libro e Bibliotecas.

2. Dirección Artística do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Correspóndelle a esta dirección artística, que se poderá prover por persoal funcionario con rango

de subdirector xeral ou en réxime de contratación temporal e sen prexuízo da súa renovación, de conformidade co Real decreto 1382/1985, do 1 de novembro, a elaboración dos criterios de constitución da colección, formación, catalogación e exposición dela; a proposta do programa de exposicións; a coordinación da actividade de bibliotecas, centro de documentación, publicacións, fotografía, e outros.

3. Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Correspóndelle a este servicio, que depende directamente do director xeral de Promoción Cultural, a xestión económico-administrativa e o réxime interior dos servicios xerais do centro, a súa intendencia e funcionamento, así como o seu rexistro e arquivo xeral, tratamento administrativo das obras de arte e control da entrada e saída delas, a dirección dos servicios técnicos de mantemento, vixilancia, seguridade e organización de servicios auxiliares; e cantas outras funcións se lle encomenden. Exercerá, ademais, o cargo de secretario do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

IV. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Artigo 6º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, paleontolóxico, etnolóxico e documental, así como nas materias de arquivos e museos, e especificamente exercerá as seguintes funcións:

a) Protección, inventario, restauración, acrecentamento e difusión do patrimonio cultural.

b) A conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño de Santiago, así como a elaboración dos principios xurídicos para a súa protección.

c) A xestión dos asuntos relacionados co réxime xurídico de protección das propiedades histórico-artísticas.

d) Os acordos e dictames, se é o caso, das declaracións de interese histórico, artístico e monumental.

e) A dirección das excavacións arqueolóxicas relacionadas coas competencias da dirección xeral.

f) A aprobación dos plans, proxectos de ordenacións e dos expedientes que afecten ó devandito patrimonio conforme coas normas establecidas, así como a dirección das obras de conservación e restauración relacionadas con el.

g) As actuacións necesarias para o exercicio da potestade expropiatoria e do dereito de adquisición preferente respecto do patrimonio cultural.

h) A preparación de convenios conforme as referidas competencias.

i) O coidado, dotación, instalación e promoción de museos, a difusión do coñecemento do patrimonio cultural, así como estimula-la súa defensa por medio de publicacións, mostras, conferencias, reunións e o fomento das entidades que teñan tal finalidade.

j) Publicar catálogos e velar pola conservación e coidado dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia e, en especial, a xestión do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia.

k) Organizar coloquios, seminarios, conferencias e cursos de formación de documentalistas e arquiveiros.

l) Autoriza-la realización de exposicións de material documental.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Protección de Patrimonio Cultural.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e programación, coordinación e execución das funcións de protección do patrimonio histórico e documental.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Protección do Patrimonio Cultural.

1.2. Servicio de Museos e Arquivos.

2. Subdirección Xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación, coordinación e execución das funcións de intervención no patrimonio cultural.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Arquitectura.

2.2. Servicio de Arqueoloxía.

V. A Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Artigo 7º

1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de telecomunicacións, medios de comunicación, audiovisual e multimedia, e tódolos aspectos que se poidan derivar da aplicación desas novas tecnoloxías da comunicación e a información a tódalas facetas da cultura e do patrimonio galego, exercendo especialmente as seguintes funcións:

a) As competencias da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación.

b) A implantación de redes propias de telecomunicación para a prestación de servicios que sexan competencia da Comunidade Autónoma, de acordo

co establecido na Lei de ordenación das telecomunicacións.

c) A xestión e inspección de cantos asuntos lle correspondan no exercicio das competencias e no funcionamento dos servicios traspasados pola Administración central do Estado á Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación, e no tocante ó réxime xurídico administrativo da prensa, radio, televisión e publicidade, nos termos establecidos no artigo 27.31º do Estatuto de Autonomía de Galicia.

d) O estudio, preparación e tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34 e da disposición transitoria sexta do Estatuto de Autonomía de Galicia.

e) A xestión, planificación, coordinación e asesoramento técnico de tódolos servicios, sistemas e infraestructuras de telecomunicacións da Xunta de Galicia, rede oficial de comunicacións (ROC) e rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (RECTIGA).

f) A dotación de infraestructura á Compañía de Radiotelevisión de Galicia e ás súas sociedades, a implementación da rede oficial de comunicacións e a rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia, así como a implantación doutros sistemas e servicios soportados polas redes de radiodifusión e televisión, ROC e RECTIGA con cargo ós orzamentos da Xunta de Galicia.

g) A tramitación das solicitudes de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e a preparación dos proxectos de regulación das fases dos concursos públicos de adxudicación de novas emisoras de radio en ondas métricas con modulación de frecuencia que sexan competencia da Comunidade Autónoma.

h) Executa-las competencias que lle correspondan á Comunidade Autónoma derivadas da Lei de telecomunicacións por cable e a Lei de televisións locais.

i) A redacción e supervisión de proxectos técnicos, dirección e control das instalacións, así como a asistencia técnica necesaria en todo o referente ó ámbito das telecomunicacións e medios de comunicación.

j) Realizar tarefas de control das emisoras de radiodifusión e televisión.

k) A colaboración no desenvolvemento da cinematografía e demais artes da imaxe.

l) A preparación de normativa referente ós medios de comunicación, telecomunicacións, audiovisual e publicidade.

m) A xestión do centro de información cultural.

n) O fomento das edicións sonoras, audiovisuais e de microfilms nas materias propias desta consellería, así como a promoción e difusión do patri

monio audiovisual galego e das artes da imaxe, en xeral, a través do Centro Superior de Documentación, Investigación e Información da Comunidade Autónoma. A organización e funcionamento deste desenvolverase regulamentariamente.

o) A xestión e coordinación do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

O desenvolvemento destas funcións efectuarase sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Consellería da Presidencia e Administración Pública e as que, sobre planificación, xestión e desenvolvemento da informática orzamentaria, financeira e tributaria, ten atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual.

Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e programación, coordinación e execución das funcións sobre medios de comunicación, telecomunicacións, audiovisual, multimedia e tódolos aspectos que se poidan derivar da aplicación destas novas tecnoloxías da comunicación e da información e a tódalas facetas da cultura e o patrimonio galego.

Esta subdirección contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Estudios e Análises.

1.2. Servicio de Audiovisual e Multimedia.

1.3. Servicio de Concesións, Xestión e Inspección.

2. Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia.

O Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia dependerá, organicamente, da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual e, funcionalmente, do conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

Proverase por persoal eventual.

Serán as súas funcións:

a) Tódalas derivadas da relación cos medios de comunicación social en tódalas materias que afecten á Presidencia da Xunta de Galicia e á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

b) A coordinación da comunicación interdepartamental da Xunta de Galicia.

c) Xestionar e dirixi-las actividades que ten encomendadas o Club Internacional de Prensa de Galicia.

d) Deseñar e planifica-la política de imaxe e publicidade da Xunta de Galicia, dirixindo e coordinando as campañas institucionais.

VI. Órganos colexiados.

Artigo 8º

Co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, están constituídos os seguintes órganos colexiados:

Un. No nivel central:

A Comisión de Programación e Coordinación de Iniciativas Culturais creada polo Decreto 365/1993, do 17 de decembro.

A Comisión Técnica de Arqueoloxía, creada pola Orde do 12 de abril de 1983, e modificada pola Orde do 31 de maio de 1985.

O Consello de Bibliotecas, creado pola Lei 14/1989, do 11 de outubro.

A Comisión Técnica de Museos, regulada polo Decreto 413/1986, do 18 de decembro, modificado polo artigo 7 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, creada polo Decreto 112/1992, do 30 de abril.

A Comisión Técnica de Arquivos de Galicia, creada polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

O Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, creado polo Decreto 167/1975, do 23 de xaneiro, e reestructurado polo Decreto 17/1987, do 22 de xaneiro.

A Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago, regulada polo Decreto 413/1986, do 18 de decembro.

A Comisión Técnica de Etnografía, creada polo Decreto 41/1992, do 6 de febreiro.

O Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, creado polo Decreto 286/1994, do 30 de setembro.

Dous. No nivel provincial:

As comisións territoriais do patrimonio galego, unha por cada provincia da Comunidade Autónoma galega, reguladas polo Decreto 413/1986, do 18 de decembro.

Os centros territoriais de bibliotecas, creados pola Lei 14/1989, do 11 de outubro.

VII. As delegacións provinciais.

Artigo 9º

Un. En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social, segundo o establecido no Decreto 291/1993, do 11 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia que desempeñarán as competencias determinadas nos decretos

5/1987, do 14 de xaneiro, 87/1990, do 15 de febreiro, e 88/1990, do 15 de febreiro, e todas aquelas que lle sexan atribuídas por disposición legal.

Dous. O delegado provincial exercerá as funcións establecidas polo Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e aquelas que lle sexan especial ou singularmente encomendadas.

Artigo 10º

Un. En cada unha das delegacións provinciais existirá unha secretaría, con nivel orgánico de servicio.

Dous. Correspóndelle ó secretario provincial, baixo a autoridade de supervisión do delegado, o exercicio das funcións relativas ó réxime interior, á tramitación administrativa, xestión de persoal, elaboración do anteproxecto de orzamento da delegación, e a administración, control contable e xustificación de créditos que se asignen, a elaboración de estatísticas, e, en xeral, prestar asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado, a quen substituirá nas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Tres. Cada delegación provincial contará co seguinte servicio:

1. Servicio de Xestión Administrativa.

Artigo 11º

Quedan adscritos organicamente á Consellería de Cultura e Comunicación Social, o Centro Galego de Artes da Imaxe, creado polo Decreto 210/1979, do 5 de outubro; o Centro Galego de Arte Contemporánea, creado polo Decreto 308/1989, do 28 de decembro; o Centro Superior Bibliográfico de Galicia, creado pola Lei 14/1989, do 11 de outubro; o Centro de Información de Arquivos de Galicia e mailo Centro de Microfilms e Reprografía, creados polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

Artigo 12º

Queda adscrito á Consellería de Cultura e Comunicación Social, sen prexuízo da súa personalidade xurídica propia como organismo autónomo, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, creado pola Lei 4/1989, do 21 de abril.

Disposición transitoria

Cando como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro de Cultura e Comunicación Social por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal a postos de igual ou inferior nivel se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamen

te establecida, sen que en ningún caso supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Cultura, o artigo 10 do Decreto 286/1994, do 30 de setembro, o artigo 10 do Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e, en xeral, cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ou contradigan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura e Comunicación Social para dicta-las normas complementarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación social

4847