Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.288

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (124/1995).

Eu, Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira,

Dou fe e testemuño: que no libro de sentencias dictadas neste xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos que teñen un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Ribeira o seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de separación, seguidos co número 124/1995, por instancia de Juana María González Fernández, representada polo procurador Arca Soler e asistida do letrado Prego Paz, contra Juan Fernando Domínguez Rego, declarado en situación procesual de rebeldía.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que desestimo a demanda interposta polo procurador Arca Soler, en nome e representación de Juana María González Fernández, seguida contra o seu esposo Juan Fernando Domínguez Rego, e debo declarar e declaro non haber lugar a concede-la separación de ámbolos cónxuxes, quedando sen efecto as medidas provisionais acordadas durante o proceso, todo iso sen especial pronunciamento en canto ás custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Juan Fernando Domínguez Rego, expido e asino a presente cédula en Ribeira o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4603