Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.288

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (375/1995).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira,

Dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Ribeira o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos co nº 375/1995, por instancia de Mª Esther Pego Pena, representada polo pro

curador Arca Soler e asistido do letrado Prego Paz, contra Ángel Rego Ríos, declarado en situación procesual de rebeldía e sen intervención do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que desestimando a demanda interposta polo procurador Arca Soler, en nome e representación de María Esther Pego Pena, contra o seu esposo Ángel Rego Ríos, debo declarar e declaro que non procede decreta-lo divorcio de ámbolos cónxuxes, todo isto sen especial pronunciamento en canto ás custas, quedando sen efecto as medidas provisionais, se as houber, acordadas durante o proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Ángel Rego Ríos, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3705