Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (334/1995).

Eu, Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira,

Dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Ribeira, o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e do seu partido, os presentes autos de separación matrimonial seguidos co número 334/1995, por instancia de Josefa Vidal Lustres, representada polo procurador Liñares Martínez e asistido do letrado Fariña Guerrero contra Manuel González Crujeiras, declarada en situación procesual de rebeldía e con intervención do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que, desestimando en parte a demanda formulada polo procurador Liñares Martínez, en nome e representación de Josefa Vidal Lustres, contra o seu esposo Manuel González Crujeiras, debo declarar e declaro non haber lugar a decreta-la separación matrimonial de ámbolos cónxuxes, todo iso sen especial pronunciamento en canto a custas, quedan sen efecto as medidas provisionais, se as houbese, acordadas durante o proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

Para que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Manuel González Crujeiras, expido e asino a presente cédula en Ribeira, vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2653