Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (316/1995).

Eu, Amalia Álvarez Teixiera, secretaria da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número dous de Ribeira,

Dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís,

consta a recaída nos autos, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Ribeira o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Ribeira e do seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos co número 316/1995, por instancia de José Manuel Agrelo Lampón, representado pola procuradora Peleteiro Bandín e asistido do letrado Rodríguez Rodríguez contra Manuela Lampón Santos, declarada en situación procesual de rebeldía e sen intervención do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que, estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Peleteiro Bandín en nome e representación de José Manuel Agrelo Lampón, contra Manuela Lampón Santos, debo declarar e declaro disolto por divorcio, o matrimonio contraído por ámbolos cónxuxes o 4 de marzo de 1963, todo iso sen especial pronunciamento en canto a custas, que sexa firme a presente resolución; comuníquese ó Rexistro Civil correspondente para os efectos legais oportunos.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

Para que así conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía Manuela Lampón Santos, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2652