Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (282/1995).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Ribeira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, viu os presentes autos de separación conxugal, número 282/1995, seguidos por intancia de Elena Ventura Pérez González, representada polo procurador Liñares Martínez, contra Tomás Rosal Álvarez, en situación procesual de rebeldía; é parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, desestimando a demanda de separación conxugal interposta polo procurador Liñares Martínez en nome e representación de Elena Ventura Pérez González contra Tomás Rosal Álvarez, por falta de proba sobre os feitos e a causa alegada para a formulación do proceso matrimonial, debo declarar e declaro non haber lugar a concede-la separación matrimonial solicitada, deixando sen efecto as medidas reguladoras que puidesen recaer no curso do presente procedemento ou derivadas del, unha vez firme a presente resolución e todo iso sen facer especial pronunciamento no tocante ás custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos dentro do termo de cinco días desde a súa notificación.

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

Para que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Tomás Rosal Álvarez, expido e asino a presente cédula en Ribeira, cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2651