Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.289

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (24/1996).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 24/1996, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Carmen Losada Gómez, contra Arturo Franco Vieites e María de las Mercedes Carrillo García, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día dez de setembro de 1996, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de vintedous millóns setecentas setenta e dúas mil trescentas trece pesetas, fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día tres de outubro de 1996, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por 100 da primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día vinteoito de outubro de 1996, ás dez horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/0000/18/0024/96, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Sétima. Poderán facerse ofertas en prego cerrado e o remate poderá verificarse en calidade de llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

Oitava. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mello ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima. Se fose pedido polo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

Casa sita no lugar de Guldrís, parroquia de Cacheiras, concello de Teo, sinalada co número 8, de planta baixa e un piso con cuberto ó leste e dúas portas, unha ó leste e outra ó oeste. O seu

fondo, con inclusión do terreo unido destinado a eira, curral, horta e viña, ocupa unha superficie de setenta e cinco cuartillos, ou sexa, dezanove áreas e noventa e oito centiáreas. Estrema todo iso, polo leste, que é a súa fronte, e sur, dereita, camiño público; oeste, costas, terreo dos herdeiros de Rosa do Eijo; e norte, esquerda, camiño peonil e despois testas de labradío de varios.

Figura inscrita no Rexistro da propiedade de Padrón, tomo 543, libro 178, folio 128. Predio número 18902.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

O maxistrado-xuíz

Rubricado

4776